Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eu... coma Santo Tomás

jueves, 24 de abril de 2014
Todos os anos por estas datas sae a relocir nos evanxeos un personaxe que, por non confiar no que lle dicían e querer comprobalo todo por si mesmo, pasou á historia como prototipo do excepticismo, da incredulidade, de que a el non llas daban con queixo, de home práctico e, din algúns, que tamén de home moderno.

Como moitos xa se decatarían, trátase do apóstolo Tomás, ou Tomé.

Claro que, polo que nos din os mesmos evanxeos, non todo rematou na súa desconfianza, xa que o final foi aquela exclamación: "Meu Señor e meu Deus!". Tivo oportunidade de tocar, tivo, pero a verdadeira confianza vai máis aló ca o mesmo ver e apalpar.

Esta segunda parte da súa actitude esquécese a miúdo e destácase a primeira; así é moi frecuente escoitar:
- Eu son coma Santo Tomás, se non vexo non creo.

Cada un ten as súas razóns para pensar como pensa, pero eu, que queren que lles diga? Preferiría non ser coma el nese campo concreto de ter que comprobalo todo.

Prefería, se me fose posible, equivocarme algunha vez por confiar, ca atinar sempre por desconfiar; porque teño experimentado que mentres desconfío non o paso nada ben. Mesmo sufro polo medo a que me poidan enganar. E logo, a maioría das veces, vese que foron sufrimentos estériles por motivos equivocados.

Se non creo máis ca o que vexo, nin sequera podo crer que en verdade son fillo de miña nai, porque non tiven a oportunidade de asistir como espectador consciente ó meu propio nacemento. Non podo nin quero negar que teño motivos máis que sobrados para estar convencido de que a mamá era miña nai, pero eses non son só nin principalmente materiais.

Ben pensado, se só crésemos o que antes comprobamos, non poderíamos vivir, ou vivir sería un inferno. Exemplos temos de sobra sen necesidade de pararnos moito.

Non obstante, teño que confesar en honor á verdade que este principio de preferir equivocarme algunha vez por confiar ca atinar sempre por desconfiar, téñoo en crise debido a mensaxes tan contradictorias como recibo e á desconfianza en min mesmo. E o peor é que eu mesmo podo ser causa de que a outros lles estea pasando o mesmo por culpa miña.

Por iso e por moito máis non creo que Tomás, ou Tomé, sexa en todo o modelo ideal da modernidade, pero tampouco temos sempre, nin somos, testemuñas tan fiables coma os que tivo Tomás.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES