Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Memoria histórica viva

jueves, 24 de abril de 2014
Aínda que pareza inxusto, -porque a vida ten moitas inxustizas-; non todos podemos leva-lo mesmo ritmo de vida.

A todos nos gustaría nacer no seo dunha familia millonaria, sabia e santa ó mesmo tempo; pero a realidade é ben diferente.

Esta sociedade, ademais de ser moi complexa é moi competitiva e –por suposto- moi materialista.

Certo que é moi humano ter aspiracións para superarse. Sen ilusión e aspiracións non teríamos alicientes para evolucionar; pero a veces ese afán convértese nun afán desordenado porque nos esquecemos de algo tan simple como que:

“TODOS TEMOS A NOSA PROPIA ORIXE”.

¿Por que moitas veces nos arriscamos a construir a nosa propia vida sobre castelos no aire esquecendo a nosa propia orixe?
Cada pobre ten que amaña-la súa vida como pode e non como quere.

Unha cultura consumista levounos a pensar que todo o monte é orégano...
Crer neso é un tanto inxenuo.
Quizais chegara o momento de dicirlles ós nenos que non se pode ter todo o que se quere, senón aquelo que se pode.

Moitas veces oímos dicir que:”QUERER É PODER”, pero esto na practica da vida diaria, non sempre é válido:

¿POR QUE NON ESCOITAMOS ÓS NOSOS MAIORES QUE REPRESENTAN A MEMORIA HISTÓRICA RECENTE E VIVA?
Se lle dedicáramos máis tempo a escoitar a sabedoría das persoas maiores poderíannos aprender moitas cousiñas que nos farían recapacitar:

-QUE NA SÚA NENEZ NON TIÑAN ZAPATOS, UNS ANDABAN CON ZOCAS, ALGÚNS CON ZOCOS E OUTROS DESCALZOS:
¿Non lembramos de que vimos sendo?

-QUE NA SÚA NENEZ POUCOS TIÑAN A SORTE DE ACUDIR DIARIAMENTE Á ESCOLA PARA ADQUIRIR UNHA FORMACIÓN BÁSICA.
¿Por que unha boa parte da poboación infantil de hoxe en día, non aproveita nin tan siquiera a escolaridade obrigatoria?
¿Por qué será que estamos á cola dos países europeos?

-QUE NA SÚA NENEZ TIÑAN O ALIMENMTO ERA RACIONADO E MOITOS DELES PASARON FAME
Antes había quen comía as pelas dos plátanos que atopaba pola rúa. Hoxe ademais de tira-la pela, tírase o plátano se está algo pasado ou se non hai fame.
¿Pensamos na cantidade de persoas que pasan fame mentres nós destragamos a comida?

-QUE NA SÚA NENEZ ERAN UTILIZADOS COMO BRAZOS DE TRABALLO DESDE IDADE MOI TEMPERÁS:
Ir coas vacas, meter leña, varre-la cociña, face-las camas, ir á fonte a buscar auga, chamar as vacas, axudar nos labores agrícolas, ir á taberna, facer recados...
A vida era moi dura e moitos nenos ían pouco ou nada á escola. Non é que seus pais non quixeran; é que precisaban a súa axuda laboral para subsistir.
¿Traen os de hoxe un pan debaixo do brazo ou van ter que sachalo?

-QUE NA SÚA NENEZ TIÑAN MOITO RESPETO Á FAMILIA, ÁS PERSOAS MAIORES, ÓS MESTRES, ÓS CURAS, Á AUTORIDADE EN XERAL...
Tratábanos con pronomes de cortesÍa porque as persoas maiores eran moi valoradas e merecían moito respeto.
Os maiores pasaban diante, sentábase nos lugares mellores, cedíaselles o asento nos lugares públicos, axudábaselles a levar algo pesado...
Actualmente dá a impresión de que todo é liso e llano; pero daquela:
¿Non ten que haber un líder en cada grupo social?
¿Non ten que haber un cabeza de familia?
¿O alumnado non precisa do Mestre?

¿Ten a mesma responsabilidade un pai que un fillo, un mestre que un alumno, un gobernate que un peón camiñeiro?

¿Non se precisa dunha orde xerárquica na sociedade?

-QUE NA SÚA NENEZ TRASLADÁBANSE A PÉ LONGAS DISTANCIAS POR CORREDOIRAS INTRANSITABLES
¿Por que agora collemos o coche para ir á casa do veciño?
¿Por que nos queixamos tanto da contaminación?
¿Non estaremos contribuíndo a contaminar aínda máis este planta?

-QUE ANTES AFORRÁBASE ALGO DO POUCO QUE HABÍA PARA O DÍA DE MAÑÁ.
¿Por que agora con máis medios, aforramos menos, estamos hipotecados de por vida ou deixamos hipetecada á xeración seguinte?
¿Non caeríamos nun consumismo compulsivo?
¿Somos máis solidarios por ter máis?
¿Somos mellores persoas?
¿Somos máis felices?

A min paréceme que ós cidadáns de ben, ós cidadáns de a pé correspóndenos poñe-los pés na terra, escota-la memoria histórica dos maiores e seguir o noso proceso vital da mellor maneira posible; pero sen construir castelos na aire.

Quizais outros deberían pensar seriamente en poñer orde desde arriba para saír a flote porque España e o pobo español merece estar entre os pobos mellor sitiuados do mundo pola súa situación estratéxica e pola capacidade de traballo e creatividade que sempre caracterizou ás nosas xentes.

OS MAIORES TEÑEN MOITO QUE DICIRNOS PORQUE SON MEMORIA HISTÓRICA QUE AÍNDA VIVE ENTRE NÓS.

Deles temos que recuperar o valor necesario para saír adiante como fixeron eles nos seus tempos mozos.

PORQUE PASADO, PRESENTE E FUTURO DEBEN IR COLLIDOS DA MAN PARA UNIR FORZAS E ESFORZOS.
O PASADO É PAI DO PRESENTE E ESTE PAI DO FUTURO.

Se vostede é unha persoa en idade de posuír memoria hostórica, ten moito que aportar a esta sociedade que por veces parece que camiña sen rumbo.
Se é unha persoa xove, intente escoitar ós maiores e comprobará que teñen moito que contarlle.

Fai uns días tiven unha agradable e enriquecedora coversación cun rapaciño novo e –vendo a súa cara de satisfacción- ó rematar fíxenlle esta confesión:

“Eu síntome moi cómoda coa xente nova, empatizo moi ben con ela por eso foi moi enriquecedora esta conversa contigo.”

E o rapaciño, -universitario-, de 23 anos díxome:
“Pois a min gústame escoitar ás persoas maiores porque aprendo moito delas”.

Nin que dicir ten que a min enchéuseme a alma de satisfacción porque me tocaba estar no lado dos da memória histórica viva.
Realmente hai xoves moi sensatos. Este é un deles.

Intercambiámonos os números de móbil e seguiremos en contacto cos medios que nos ofrecen as novas tecnoloxías.

¿Bonito, verdade?

Eso chámase intercambio xeracional, porque somo-los dous elos da mesma cadea humana. Neste caso aínda hai outra xeración polo medio porque eu case podería ser súa avoa.

Se o considera oportuno encontrámonos o vindeiro xoves para ler “ALGO MOI DOADO”
Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES