Alfonsito
Cardalda, Theo - miércoles, 23 de abril de 2014
Desde o Preguntoiro: Alfonsito
Ao día seguinte do pasamento de García Márquez, O xornalista Alfonso Rojo director de Periodista Digital, titulaba a toda plana unha insultante portada contra Gabo: Muere García Márquez un genio de la literatura universal y un sectario de la política latinoamericana.
Este señor vai de tertulia en tertulia dando leccións de xornalismo. A lo menos iso é o que cre el. Deste home pódese agardar calquera cousa, como chamar sectario -cando el é a definición viva do sectarismo- sen explicar porqué considera a Gabo un sectario.
Este xornalista vai tendo unha semellanza daquel director de nome Victor de la Serna do diario Informaciones a mediados dos anos 40 durante a Segunda Guerra Mundial, este xornal, era violento e arrogante a favor dos alemáns, e non daba o brazo a torcer, a pesar de que Hitler tiña as semanas contadas. Coido que algún estudante de xornalismo tiña que facer un estudo das novas que ese xornal ía dando da marcha da guerra, contrastándoas co que estaba acontecendo na realidade, non atopará en toda a historia do xornalismo español novas cómicas, patéticas e esperpénticas. Nin sequera en Berlín non atoparía un libelo tan a favor do III Reich como o que fixo este xornalista. Non teño dúbida ningunha que en Francia a Resistencia o levaría ante un consello de guerra trala liberación do nazismo. Alfonsito segue o mesmo camiño.
Coido que lle estou dando moita sona a este señorito. Fala e escribe, para xente como el, porén, moléstame as súas barbaridades como unha mosca cojonera. Non sabe este señor o que é un xornalista acabado.
A ética deste xornalista soamente a ten no bandullo, é unha mágoa e unha vergoña aturar a incultos dunha pasta especial como este mercenario barato do xornalismo.
Comentaba Gabriel García Márquez sobre o xornalismo: La ética debe acompañar siempre al periodismo, como el zumbido de un moscardón. ¡Ética!, iso non existe na mente deste (como escribiría Gabo) pendejo.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora