Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros de Castro de Rei (II)

miércoles, 30 de noviembre de 2005
Cruceiros de Castro de Rei (II) II.- ALGUNHAS TIPOLOXÍAS NOS CRUCEIROS DE CASTRO DE REI
Neste apartado tentamos facer un breve resumo dos cruceiros deste concello atendendo a unha serie de aspectos: situación que ocupan; os distintos elementos da súa composición: plataforma, base, fuste, capitel e cruz; materiais de construcción e finalmente a datación destes.

Con respecto á situación encontramos once cruceiros nun cruzamento de viais ou encrucilladas; distinguimos os cruceiros da Cainzada (Bazar), do Mesón (Coea), de Espiñeiros (Duancos), de Beloi (Mos), da Ponte (Outeiro), da Pontenova (Outeiro), de Ribas do Miño (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), do Pozo (Pacios) e do Chairo (3) (Ribeiras de Lea). Sete cruceiros están emprazados a carón dun vial (4). Finalmente dous están situados á beira e preto do adro da igrexa parroquial; referímonos ós dous cruceiros de Castiñeiras (Ludrio).

En relación os elementos artísticos do cruceiro temos que facer as seguintes distincións:

1º.- A plataforma é de dous chanzos nos cruceiros da Cainzada (Bazar), de Espiñeiros (Duancos), de Caparís (Mos), do Chairo (Ribeiras de Lea) e do Cordón (Sta. Locaia). Pola contra presenta tres chanzos en oito cruceiros (5).

2º.- A base amosa unha forma troncopiramidal nos cruceiros da Cainzada (Bazar), da Ponte (Outeiro), da Pontenova (Outeiro), de Ribas do Miño (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), de Vilar de Baixo (Outeiro) e do Cordón (Sta. Locaia). No resto adoita unha estructura cúbica. Este elemento leva unha inscrición en once cruceiros (6). A inscrición fai alusión ás indulxencias concedidas polo bispo de Mondoñedo a tódalas persoas que recen diante do cruceiro unha serie de oracións: painoso, avemaría, salve, credo etc. Tamén soe mencionar o nome da persoa ou persoas que mandaron construír o cruceiro, a data de construcción reflectida nos cruceiros do Curro (Ansemar), do Mesón (Coea), da Pontenova (Outeiro) e de Casas Novas (Sta. Locaia); finalmente o nome do constructor como é o caso do cruceiro de Casas Novas (Sta. Locaia). Como modelos representativos de inscricións citamos os cruceiros de Ribas do Miño e de Casas Novas, situados nas parroquias de Outeiro e de Sta. Locaia, respectivamente.

A.- Cruceiro de Ribas do Miño
Presenta unha inscrición nas caras sudoeste e sueste.

Cara SW
"DEVOCIÓN / DE ANTONIO POR / TELA ANLLO /
Y SU ESPOSA/ ANTONIA GARCIA MEL / EL QUE REZE/"

Cara SE
DELANTE ES / TA CRUZ EL / ACTO DE CON/ TRICION LA SAL/
VE EL CREDO Y / AVEMARIA GANA / INDULGENCIA PLENARIA/."

B.- Cruceiro de Casas Novas
"A LA MEMORIA DE / D. JUAN MOTA / SE CONSTRUYO /
A EXPENSAS DE / Dª DOLORES MOTA / Y SUS HIJOS/
EN EL AÑO DE 1913 / R. CONSTENDE M. SASDONIGAS."


NOTAS
3.- RIELO CARBALLO, Nicanor.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, T. V, Centro de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, Madrid, 1983, p. 388.
4.- Trátase dos cruceiros do Carril (Ansemar), do Curro (Ansemar), de Cornide (Bendía), da Plazuela (Ludrio), do Vilar (Mondriz), de Casas Novas (Sta. Locaia) e do Portomuiño (Sta. Locaia).
5.- Referímonos os cruceiros do Carril (Ansemar), o do Curro (Ansemar), o de Cornide (Bendía), o do Mesón (Coea), o de Castiñeiras (2)(Ludrio), o do Vilar (Mondriz), o da Pontenova (Outeiro) e o do campo da Feira (Ribeiras de Lea).
6.- Cruceiros do Curro (Ansemar), da Cainzada (Bazar), de Cornide (Bendía), do Mesón (Coea), de Beloi (Mos), da Ponte (Outeiro), da Pontenova (Outeiro), de Ribas do Miño (Outeiro), de Vilamel (Outeiro), de Casas Novas (Sta. Locaia) e do Cordón (Sta. Locaia)


BIBLIOGRAFÍA SOBRE OS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ
1º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 76, Ed. do Castro, A Coruña, 1998.
2º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 81, Ed. do Castro, A Coruña, 1999.
3º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, Cadernos do Seminario de Sargadelos, No prelo.
4º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / CUBA RODRÍGUEZ, X.R./ REIGOSA CARREIRAS, A.: "As cruces e cruceiros da Terra Chá", Diario "El Progreso" de Lugo, 20-8-87.
5º.- BAAMONDE GARCÍA, Alfonso A./ CASTRO RODRÍGUEZ, Antón.: "Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega", Diario "El Progreso" de Lugo, 22-8-87.
6º.- BLANCO PRADO, José Manuel / RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manolo.: Cruces y Cruceiros del Municipio de Begonte, Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, 1988.
7º.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Religiosidad popular en el Municipio de Begonte, Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, 1990, páxs. 281-290.
8º.- CENDÁN FRAGA, Antón.: "Os Cruceiros de Vilalba", Diario "El Progreso" de Lugo, 31-8-88.
9º.- CENDÁN, Antonio.: "Cruceiros, hórreos y antiguos molinos chairegos sucumben en el olvido", Diario "El Progreso" de Lugo, 29-12-89.
10º.- COMARCA DA TERRA CHÁ. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia, Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial, Presidencia, Xunta de Galicia, 1993, páxs. 92-103.
11º.- FLORES RIVAS, Luis Hixinio.: "Un elemento a conservar na Terra Chá", Boletín "Terra Chá" ano I, nº3, Órgano de expresión da Asociación cultural "Brigadas en defensa do Patrimonio Chairego", páxs. 29-30.
12º.- GIL AGRAS, H.: "Os cruceiros de Bretoña", Diario "El Progreso" de Lugo, 17-8-91.
13º.- GONZÁLEZ REBOREDO, X.M / RIELO CARBALLO, Nicanor /SANTOS SAN CRISTÓBAL, Sebastián/ VALIÑA SAMPEDRO, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, T.I-VI, Madrid, 1975-83.
14º.- Inventario de cruceiros da Escola Taller do concello de Vilalba.
15º.- LAREDO VERDEJO, José M.: Os Nosos Cruceiros, Ed. Boreal-Xuntanza, A Coruña, 1993.
16º.- PERNAS BERMÚDEZ, Carmen.: "O cruceiro dos Catro Camiños de Vilalba (I e II)", Diario "EL Progreso" de Lugo, 30-4-98 e 1-5-99.
17º.- RODRÍGUEZ CASTELAO, A.: As cruces de pedra na Galiza, Akal, Madrid, 1975. Ed. facsimil da que se levou a cabo B. Aires en 1949.
18º.- TRAPERO PARDO, J.: "Os Cruceiros", Lucus, Boletín Informativo de la Diputación Provincial de Lugo, nº27, 1974, páxs. 25-40.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES