Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros de Castro de Rei (I)

miércoles, 30 de noviembre de 2005
Cruceiros de Castro de Rei (I) Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Castro de Rei (Lugo) (Diócese de Mondoñedo-Ferrol)

Publicación: EL LEGADO CULTURAL DE LA IGLESIA MINDONIENSE.
I CONGRESO DO PATRIMONIO DA DIÓCESE DE MONDOÑEDO-FERROL.
Universidade da Coruña, 1999, Páxs. 497-507.


I.- Introducción
No eido etnográfico, un dos aspectos que máis chama a atención da comarca da Terra Cha é o seu elevado número de cruceiros. Como exemplo, baste citar que en San Simón da Costa, parroquia do concello de Vilalba, hai máis de cincuenta destas mostras de cultura popular.

Estes cruceiros chairegos presentan unha peculiar tipoloxía, pois boa parte deles son obra de dinastías de canteiros, como a dos Carboeira.

O perigo de destrucción ou desaparición que afecta a estas construccións aumentou considerablemente nos últimos tempos: apertura e ensanche de pistas, camiños e estradas; roubos, etc... A estes factores hai que engadirlles os producidos polo paso inexorable do tempo.

Sen embargo, a pesar do seu valor etnográfico e artístico de non poucos exemplares, esta riqueza da arte popular atópase sen inventariar e, moito menos, catalogada.

Cómpre dicir tamén que a bibliografía sobre os cruceiros chairegos é escasísima, atopándose soamente algún que outro traballo parcial.

Para levar a cabo unha protección eficaz dos cruceiros chairegos, moitos deles con máis dun século de antigüidade, urxe, como primeira medida, a realización dun inventario. Este é obxectivo que nos formulamos na realización do "Programa Carboeira", denominación tomada da xa citada ilustre familia de canteiros.

Temos constancia da realización de inventarios de cruceiros nalgún concello, como por exemplo o de Begonte, e de traballos nos que se citan ou estudian algunhas destas manifestacións da arte popular. Sen embargo, o noso "Proxecto..." vai máis alá, xa que pretendemos a elaboración dun catálogo destas construccións, localizadas nunha comarca moi definida, estudiando as súas características e tipoloxías, analoxías, etc...

A catalogación, iniciada en 1993 gracias a unha axuda da Consellería de Cultura e Xuventude para a realización de inventarios do Patrimonio Etnográfico, recolle todos aqueles cruceiros que, independentemente da súa titularidade, teñen unha función pública. Por iso, incluímos tamén algunha cruz e excluímos cruceiros que se atopan como elemento decorativo en propiedades privadas, agás os que teñen unha certa antigüidade e son orixinarios da comarca (1).

Como corresponde a un inventario, elaboramos de cada cruceiro unha ficha, indicando a súa parroquia e o lugar, así como a súa situación, a propiedade, o estado de conservación, a súa descrición e posibles observacións. Esta ficha compleméntase, cando existen, coas oportunas referencias bibliográficas, ademais das correspondentes fotos.

A cartografía empregada foi a da Consellería de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia (Escala 1:10.000), e a localización dos cruceiros exprésase en coordenadas U.T.M. (2)


NOTAS
1.- ARRIBAS ARIAS, Fernando /BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 76, Ed. do Castro, A Coruña, 1998, p. 9.
2.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 81, Ed. do Castro, A Coruña, 1999, p.9.

BIBLIOGRAFÍA SOBRE OS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ
1º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 76, Ed. do Castro, A Coruña, 1998.
2º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 81, Ed. do Castro, A Coruña, 1999.
3º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, Cadernos do Seminario de Sargadelos, No prelo.
4º.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / CUBA RODRÍGUEZ, X.R./ REIGOSA CARREIRAS, A.: "As cruces e cruceiros da Terra Chá", Diario "El Progreso" de Lugo, 20-8-87.
5º.- BAAMONDE GARCÍA, Alfonso A./ CASTRO RODRÍGUEZ, Antón.: "Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega", Diario "El Progreso" de Lugo, 22-8-87.
6º.- BLANCO PRADO, José Manuel / RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manolo.: Cruces y Cruceiros del Municipio de Begonte, Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, 1988.
7º.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Religiosidad popular en el Municipio de Begonte, Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, 1990, páxs. 281-290.
8º.- CENDÁN FRAGA, Antón.: "Os Cruceiros de Vilalba", Diario "El Progreso" de Lugo, 31-8-88.
9º.- CENDÁN, Antonio.: "Cruceiros, hórreos y antiguos molinos chairegos sucumben en el olvido", Diario "El Progreso" de Lugo, 29-12-89.
10º.- COMARCA DA TERRA CHÁ. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia, Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial, Presidencia, Xunta de Galicia, 1993, páxs. 92-103.
11º.- FLORES RIVAS, Luis Hixinio.: "Un elemento a conservar na Terra Chá", Boletín "Terra Chá" ano I, nº3, Órgano de expresión da Asociación cultural "Brigadas en defensa do Patrimonio Chairego", páxs. 29-30.
12º.- GIL AGRAS, H.: "Os cruceiros de Bretoña", Diario "El Progreso" de Lugo, 17-8-91.
13º.- GONZÁLEZ REBOREDO, X.M / RIELO CARBALLO, Nicanor /SANTOS SAN CRISTÓBAL, Sebastián/ VALIÑA SAMPEDRO, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, T.I-VI, Madrid, 1975-83.
14º.- Inventario de cruceiros da Escola Taller do concello de Vilalba.
15º.- LAREDO VERDEJO, José M.: Os Nosos Cruceiros, Ed. Boreal-Xuntanza, A Coruña, 1993.
16º.- PERNAS BERMÚDEZ, Carmen.: "O cruceiro dos Catro Camiños de Vilalba (I e II)", Diario "EL Progreso" de Lugo, 30-4-98 e 1-5-99.
17º.- RODRÍGUEZ CASTELAO, A.: As cruces de pedra na Galiza, Akal, Madrid, 1975. Ed. facsimil da que se levou a cabo B. Aires en 1949.
18º.- TRAPERO PARDO, J.: "Os Cruceiros", Lucus, Boletín Informativo de la Diputación Provincial de Lugo, nº27, 1974, páxs. 25-40.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES