Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acabouse o que se daba

lunes, 21 de abril de 2014
Catro e vinte da tarde. Nenos que saen en fila india dun colexio. Ducias de nenos. Cos seus chándales regulamentarios. Sol que cae sobre media glorieta e a sombra que cobre a outra parte.

Un home cruza a beirarrúa a paso lixeiro. Un rapaz cos auriculares escoitando música. Non creo que escoite as novas nacionais ou internacionais. Próeme a man esquerda e raño nela. Son dos que digo sempre que cando pica algo, hai que rañalo, rabuñalo. Claro que canto máis rañes, máis proe; pero…

A xente, con chaquetas e xerseis colgados dun brazo; a calor volve ser dona e señora desta acabada de chegar primavera. Catro e vinte e seis minutos da tarde. Xa está. Acabouse o que se daba.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES