Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un eloxio

Rubal, Pedro - viernes, 18 de abril de 2014
Por suposto, os eloxios teñen que estar razoablemente xustificados, para evitar caer na adulación, non sempre tarefa fácil, porque, como xa dixo William Hazllit, “o home é un animal que se alimenta de adulacións”.

W. Hazlitt foi un escritor inglés (1.778 – 1.830), crítico literario, ensaísta e periodista. Era, segundo os estudosos, un adiantado ao seu tempo, porque tiña un pensamento que hoxe se lle denominaría pro-socialista, e na súa época encaixaba moi mal coa maioría conservadora no seu país.

Quero destacar del algo que hoxe en día tamén ocorre: Morreu desenganado de que as institucións públicas eran impermeables as críticas por razoables que foran. Odiaba a hipocrisía (política?), porque consideraba que o mesmo arrepentimento do hipócrita é unha hipocrisía.

O eloxio, nesta ocasión vai dirixido ao periodista Xulio Xiz, polo seu artigo, o seu breve e substancioso artigo, titulado “No me toquedes aos nenos!”.

Na miña modesta opinión trátase de algo tan importante, que seguramente non parece ocioso recordar o que dicía Xacinto Benavente: “En cada niño nace la humanidad”, e os nosos políticos ignorantes de que con nenos famélicos (algo que soa a atavismo, no noso contexto!!!) están perturbando as conciencias cidadáns e dificultando seriamente ese nacemento a unha humanidade mellor. Certo que, a veces, fan alusión a este estado de cousas, pero, como di o escritor inglés arriba citado, falan nunha linguaxe hipócrita, que dalgunha maneira ven a denunciar, sen reservas, Xulio: non atenden razóns, obsesionados, uns, co neoliberalismo, e os outros, coa dilapidación irracional.

É moi triste que no século XXI se lles ofreza este presente aos nenos, que certamente non teñen aínda nin pasado nin futuro. E non pensemos que os nenos non gravan o que ocorre na súa entorna e tamén as conversacións dos maiores, por iso necesitan modelos, que desgraciadamente non sobran.

E con estas gravacións infantís, como sabemos moi ben os adultos, eles, en oposición ou en colaboración, van a construír a futura humanidade. E non deixemos, nisto, de dedicarlle a Freud un recordo, que seguro que algo podemos aprender del.

Por hoxe, amigos lectores, nada máis. Só agradecer a Xulio que, desde o “paternal” sentimento dos seus netiños, na mesma Semana Santa exprese o seu sentimento de solidariedade cos nenos da fame, facendo unha seria advertencia a quen ten competencias para por remedio a esta vergoñenta situación na España destes tempos. Oxalá as túas palabras non caian en terra estéril!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES