Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Descontento xeral

viernes, 18 de abril de 2014
Nestes momentos é xa un clamor, e non se entera o que non se quere enterar do descontento xeral polas condicións económicas ás que nos someten as institucións propias e europeas, e como contraposición a situación de privilexio no que se colocaron os nosos políticos, a todos os niveis, tanto para a situación do seu servizo activo como –nalgúns casos- para un moi rendible retiro.

A situación de bonanza económica do último cuarto do século XX e os primeiros anos deste século, propiciou que as administracións medrasen desaforadamente, todos os cargos políticos pasasen a ser “de pago”, e se consolidasen niveis económicos na política que agora non teñen razón de ser, inmersos como estamos nunha crise que xa dura sete anos, se ben nos primeiros tempos non nos enteramos do que se nos viña encima.

Foi en Vilalba, no Instituto Basanta Silva, onde deu unha conferencia o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, á vez Secretario Xeral do PsdeG, que fixo unha exposición política que rematou cunha serie de preguntas formuladas polos alumnos, na que se abordou o tema dos soldos dos políticos, confesando o presidente que por tal cargo cobraba un soldo de 3.000 euros netos ao mes.

Nun auditorio de altos profesionais, de medianos industriais, ou de políticos, a resposta non chamaría a atención, pero si entre rapaces que saben o que vale un euro, que comprenden o que é gobernar unha casa con menos de mil euros ao mes, cando non se trata dunha unidade familiar aqueixada polo mortal mal do paro.

Ata agora a crise e os recortes notáronse a nivel popular, pero non nas institucións que seguen a seguir disfrutando dunha bonanza propia doutros tempos e doutro país. Mentras os recortes non afecten drásticamente ás institucións, ao seu funcionamento, ao seu réxime de persoal de confianza, non haberá nada que facer. Os rapaces de Vilalba non fixeron outra cousa que facer constar o malestar existente a nivel xeral. Os rapaces entéranse, pero a alta política non. Algo haberá que facer ao respecto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES