Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (4)

miércoles, 16 de abril de 2014
Recordando á xente querida, e que xa non están


Hoxe, cinco do oito do 2005, hai un ano que morreu Amparo, unha rapaza que casou, con vinte e cinco anos, para a casa de onde eramos seis cuñados. Aínda recordo o meu irmán, que era o maior, que me dixo: “voume casar; a ver se marchamos ben”.
Eu tiña dezaoito anos; púxoseme “a pel de galiña”, pois era outra persoa a que entraba na familia. Todo foi ben, só que meu irmán morreu novo. Quedaron dous pequenos. Amparo coidou a meus pais vellos e sacou os fillos adiante.
Logo, pasaron os anos, e veulle esa enfermidade terrible, que fai esquecer todo o que fuches. Morreu aos oitenta e un ano, deixando unha historia que non puido recordar.
Seis meses máis tarde, morreu Lourdes, que foi consogra e compañeira de Amparo; tamén a queriamos.
Hai tres meses, foise o home da nosa filla; corenta e oito anos, con dúas pequenas. Isto foi duro, pero temos que intentar superalo para axudar ás tres nenas, que están aí.
Hai quince días, morreu Juanita, con sesenta e sete anos, unha prima que aínda quería vivir para ver casar dous fillos que aínda ten solteiros.
Hoxe, tamén se enterrou Felicidad, a muller dun primo, que o queremos moito, Nicolás. Pero, é así a vida e hai que tirar para adiante.
Hoxe, teño un día triste, por iso escribo estas liñas.
Outros veciños, Pedro de Esperanciña, Adolfo de Trouseda, que se foron así, tamén. Aquí temos un recordo para todos, pois formaron parte das nosas vidas.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES