A UNED SENIOR EN ALMERIA
O Alumnado da Uned Sénior de Xestoso sabe que unha imaxe vale máis que mil palabras. Por eso aproveitou a ocasión para visitar Almería -acompañado polo seu Coordinador: Luis Ángel Rodríguez Patiño-, a segunda semana do mes de abril de 2014.
Ó longo da viaxe as paisaxes íannos mostrando a riqueza propia de cada unha das cinco Comunidades Autónomas que tivemos que cruzar:
-Para PARAÍSO: Galicia rica en frondosa vexertación que apuntaba a mostrarnos a presenza da primavera en todo o seu esplendor.
-Para FRESCURA a de Castela-León que o mesmo nos mostraba o verdes campos de cereal como os cumes cubertos de pura e branca neve que nos aseguraba auga abundante para todo o verán.
-Para CAPITALDADE INDUSTRIALIZADA: Madrid co seu perpetuo sombreiro contaminado de anhídrido carbónico e outros gases que a Serra de Guadarrama non dá absorbido.
-Para SUCULENTOS VIÑEDOS: Castela-A Mancha coas pegadas ben visibles de Don Quixote e Sancho Panza por aquelas terras onde se divisaban os xigantes de Consuegra, cos que loitou a imaxinación de Miguel de Cervantes.
-Nun plis-plas unha gran obra de enxeñería de camiños introducíunos en Andalucía sen decatármonos que acabábamos de cruzar o famoso porto de montaña de DESPEÑAPERROS para introducirnos nunha nova realidade:
As xeométricas plantacións de oliveiras de Xaén daban a imaxen dunha enorme colcha de punto de arroz na que a vista descansaba, ó mesmo tempo que gozaba da presenza das amendoeiras en flor.
Pero o descanso logo se viu interrompido porque estabamos a punto de adentrármonos na provincia obxecto da visita:
ALMERÍA
De ALMERÍA pódese dicir sen temor a equivocarnos que é un mundo a parte no que as diferentes colonizacións foron domesticando a paisaxe ata chegar a convertila na despensa hortícola de Europa.

Mentres nos adentrabamos no DESERTO DE TABERNAS, o Parque Natural de Serra Nevada, -á nosa dereita-, mostrábanos a súa pureza cuberta cun bo manto de neve.
Pero os nosos ollos non dabn creto do que vían: unha terras inhóspitas onde noutrora estiveran os romanos que crearon por aqueles lares gran número de ventas e mesóns para abastecer ás súas tropas e tamén estiveron os musulmáns debido principalmente á situación estratéxica do seu castelo, o máis importante despois da Alcazaba de Almería, onde tivo lugar o encontro entre EL ZAGAL e os REIS CATÓLICOS.
Este deserto de paraxe impactantes para calquera -e moi especialmente para o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso-, foi declarado PARAXE NATURAL en 1989 porque é o único deserto propiamente dito de Europa.
Dalgunha maneira todos temos visto algunga das numerosas películas do oeste que alí se rodan, aínda que velo na realidade é unha gran lección derivada da acción volcánica que tivo lugar na zona fai entre 15 e 7 millóns de anos.
A natureza fai cousas impresionantes.
Pero a pouca distancia nun amplo val atópase o maior CENTRO DE ENERXÍA SOLAR DE EUROPA e un pouco máis adiante un POBOADO TROGLODITA.
O abraio estaba servido para o alumnado da Uned Sénior de Xestoso: a quen máis e a quen menos víñaselle a mente a nosa suave e tenra terriña galega preñada de zume e vida.
Naquelas paraxes agrestes e secas, tamén existe a vida aínda que sexa ben escasa e diferente á da nosa querida terra galega..
Andando camiño atopámonos cun auténtico MAR DE PLÁSTICO, onde o visitante faise preguntas deste estilo:
¿Como é posible que se permitira invadir aquela zona de quilómetros e quilómetros de plástico e máis plástico?
A imaxe que se presentaba ante os nosos ollos non deixaba de ser deprimente. A unha mentalidade galega, afeita a ver natureza frondosa, encontrarse cun mar de plástico non deixaba de ser algo sorprendente e bastante chocante.
¿Como poderían sacar cultivos daquel deserto?
¿Cómo sería a calidade de vida das persoas que traballaban alí?
¿Onde vivirían se non se vía unha casa e moitos quilómetros á redonda?
¿Onde estaba a xente se non se vía nin unha alma?
Estas e outras moitas preguntas foron encontrando diferentes respostas os días seguintes; aínda que algunhs sexan un tanto difíciles de dixerir.
Ó día segunte dirixímosnos á capital da provincia, unha cidade de clima subtropical mediterráneo que recibe un promedio de 3200 horas de sol ó ano. É a provincia española que recibe máis horas de sol ó ano.
O sol é unha das súas principais riquezas, principalmente pensando no turismo de praia.
Grazas a el conviven: o deserto, o mar e a horta máis productiva do continente europeo.
¡Quen nolo diría o día anterior cando nos encontramos fronte a fronte con aquela paraxe desértica e volcánica!
Pero a historia de Almería non empeza coa época do mar de plástico. Certamente, Almería ten historia desde mi antigo, desde o Paleolítco ; pasando pola Idade de Cobre, do Bronce e dos Metais.
A súa importancia tería cando por alí tamén acamparon os romanos en tempos de ESCIPIÓN o AFRICANO e máis tarde foi ocupada polos vándalos, os visigodos e sobre todo pola invasión do mundo musulmán no ano 713, que tan só foi interrumpìda durante dez anos cando os exércitos do Rey ALFONSO VII ocuparon a cidade.
Pero en 1157, ABDERRAMÁN III tomau o mando e encargou a construcción da ALCAZABA como fortaleza contra un califato oriundo de Túnez.
A ALCAZABA foi a fortaleza máis grande de España e de Europa con 43.000 metros cadrados de extensión que lle permitían albergar un destacamento militar de 20.000 homes, os palacios dos sucesivos reis e incluso se resgardaba alí a poboación en caso de ataque.
En 1489, os REIS CATÓLICOS aproveitaron a antiga MEZQUITA para convertidla en CATEDRAL-ALCAZABA, empezando as obras no ano 1496 baixo a dirección do cardeal-arcebispo de Toledo: PEDRO GONZÁLEZ DE MENDOZA.
Cando todo parecía ir por bo camiño, un terremoto destruíuna no ano 1522 e foi o bispo de Almería FREI DIEGO FERNÁNDEZ DE VILLALÁN quen ordenou contruír unha nova catedral.
Este tipo de igrexa-fortaleza é excepcional no século XVI, pero era a resposta ó perigo procedente do mar debido ás frecuentes invasiós de piratas ou ás revoltas moriscas.
O estilo arquitectónico utilizado é o gótico por simbolizar mellor a fe cristiá e o seu trunfo sobre o mundo musulmán.
Consta de tres naves con xirola, bóveda de crucería estrelada e arcos apuntados. Na xirola ten varias capelas adosadas.
Foi no ano 1854 cando a LEI DE ENSANCHE das cidades españolas obrigou a destruí-las murallas e en 1855 aproveitouse para dotar á cidade de auga potable e alcantarillado.
Corenta anos despois, en 1895, costruíuse o ferrocarril a cargo da Compañía de Camiños de Ferro do Sur para dar saída ó mineral de ferro de ALQUIFE e do chumbo da Serra de Gador; o embarcadeiro de mineral, o famoso CABLE INGLÉS, diseñado por un alumno de Gustave Eifel.
A patrona de Almería é a VIRXE DO MAR. Consta de tres naves con elementos do gótico, do renacemento e do barroco
-Outro día visitamos o EJIDO onde se encontrarn restos que abarcan desde o Neolítico ata a Idade de Bronce. Alí estivo ubicada a cidade romana de MURGI que tiña termas, circo e factoría de salazón entre outras cousas.
Hoxe está poboada por varias etnias: españois, marroquís e persoas de cor.
Pero tamén ten unha modernísima urbanización para turismo vacacional: ALMERIMAR que conta co maior porto deportivo do Mediterráneo e un campo de golf.
Este mundo e máis o da man de obra barata, forma parte dun todo: o mundo dos que nacen con estrela e o dos que nacen estrelados.
Tamén visitamos o CABO DE GATA-NIJAR e o DESERTO, declarado RESERVA DA BIOSFERA pola UNESCO en 1997.
Son cerca de cincuenta mil hectáreas de terra e mar que albergan, arrecifes, volcáns, dunas, acantilados e un extenso catálogo de flora e fauna.
Son os 63 kms de costa mellor conservados de todo o Mediterráneo español, debido precisamente a ser un lugar com escasos recursos para a supervivência dos humanos.
Alí viven e conviven mil trescentas especies de animais e máis de mil especies vexetais. Tivemos ocasión de ver unha cabra hispânica gabeando polas rocas volcánicas. o que non sabemos é como se amañará para non deshidratarse.
E non podíamos esquecer as SALINAS que forman parte dunha zona fundida e inundable sen saída ó mar, con moi pouca choiva (menos de douscentos litros por metro cadrado ó ano) onde antigamente houbo unha albufera que se foi reenchendo con aluvións da serra e as areas que transportaban os fortes ventos de levante.

Con choivas escass e a insolacións máis alta de Europa, os fenicos e os romanos aproveitaron para explotar as salinas para uso doméstico, gandeiro e de salazóns.
NÍJAR cunha extensión de 600 quilómetros cadrados, comprendo o cabo de Gata e os Campos de Níjar.
Outro núcleo turístico está en AGUADULCE que ten porto deportivo e lugares de ocio e diversion.
A nosa residencia estivo nun luxoso hotel de Roquetas de Mar, a pé de praia.
A urbanización para fins turísticos de Roquetas conta con porto deportivo, campo de golf situado na urbanización PLAYA SERENA que ofrece: equitación, submarinismo, Winsdsurf e outros.
A arquitectura é moi vistosa: xoga côa combinación de cores, formas xeométricas, diferentes altures, terrazas axardinadas, etc.
É unha zona de alto valor ecolóxico onde se atopa a Paraxe e reserva natural Punta Entinas-Sabinar, onde se combinan as praias areosos, coas dunas, as charcas e as salinas onde aniña unha rica avifauna con case dúascentas especies de aves catalogadas.
Non é o mesmo falar de Almería como ver in situ o que é capaz de facer a necesidade humana.
Por eso viñemos abraiados, porque: ALMERÍA IMPRESIONA.