Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desenvolvemento e recreación cultural

miércoles, 16 de abril de 2014
Cultura e desenvolvemento están intimamente unidos. Son dous compañeiros de viaxe que artellan a maquinaria do progreso dos pobos ata lograr o avance colectivo. Dicir sociedade é dicir cultura, dicir economía é dicir cultura, dicir política é dicir cultura e dicir medios de comunicación é dicir cultura. Todo parte dunha idiosincrasia colectiva que define o xeito no que unha determinada comunidade responde ao medio para satisfacer as necesidades vitais.

Tendo en conta o anterior, cada comunidade é un tesouro humano do que podemos aprender a vivir. Así se reflicte nunha declaración da Unesco titulada Nuestra Diversidad Creativa, que foi firmada en París en 1996. Como tantas outras, os efectos desta declaración non foron todos os esperados como evidencia o feito de que se siga polemizando en moitos países sobre os dereitos das culturas minoritarias ou minoradas.

Con todo, esta declaración déixanos algunhas liñas de actuación que constitúen unha folla de ruta cara á diversidade sustentada no pluralismo defende a participación activa nas formas de expresión cultural e a necesidade de que as culturas teñan presenza nos medios de comunicación máis alá da súa situación minoritaria ou maioritaria. Para isto, o futuro é a equidade e procurar un acceso á información igualitario para todas e todos.

Non se esquece a Declaración da problemática de xénero na cultura avogando por enmarcar sempre os dereitos culturais nos dereitos humanos e manter un equilibrio entre o etnocentrismo e o relativismo cultural. De acordo coa Declaración é necesario un empoderamento da muller de cara a unha igualdade real. Unha igualdade que tamén ten que chegar ao mundo educativo que ten o reto de “alcanzar aos inalcanzables e incluír aos excluídos” .

A cultura tamén está relacionada co medio ambiente no que se desenvolve e neste sentido a Declaración convida a facer un medio sostible tanto cultural como ecoloxicamente afondando na idea de legado xa exposta noutras Declaracións. Para isto, define unha serie de accións entre as que destacan a mobilización de voluntarios do patrimonio cultural, o plan para a igualdade de xénero ou a necesidade dunha ética global.

Que o desenvolvemento e a cultura se dean a man significa que podemos crear produtos orixinais nun réxime de interdependencia que nos faga entender dunha vez por todas que as culturas non teñen máis propietario que a humanidade e que ningunha é prescindible como ningunha pode impoñer lexitimamente a súa superioridade. As culturas son interdependentes e todas ofrecen solucións á realidade dignas de valorar e de legar e todas forman parte de ese todo unido que é a humanidade. Por iso na medida que avoguemos pola destrución de bens culturais amparándonos na súa situación casual de minoría estaremos destruíndo esa miscelánea marabillosa que é a humanidade. Unha humanidade que comparte a creatividade como un ilímite que nos diferenza do resto das especies.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania