Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Praza central de Mondoñedo

lunes, 14 de abril de 2014
A guerra entre coches e peatóns en determinados núcleos urbanos, ven de lonxe e vai para lonxe, aínda que de cando en cando a peatonalización gaña batallas que hai que entender que son en beneficio da calidade de vida de todos nós, mesmo tamén dos conductores de vehículos.

En Lugo costou moito tempo e esforzo peatonalizar diversas rúas e prazas, destacando a Praza Maior, Campo Castelo, Santo Domingo, Soedade e, naturalmente, Praza de Santa María, onde quedou a Catedral libre de vehículos aparcados arredor. Unha victoria do sentido común e do respecto pola historia.

Pois o mesmo que pasou en Lugo preténdese facer antes do verán en Mondoñedo, na praza da Catedral, que ven sendo un caos de circulación e aparcamentos, con parada de taxis incluída. Era e é imposible obter unha fotografía da fachada da Catedral mindoniense sen que saíse un fato de coches ao seu arredor, e consciente desta situación, ata hai un tempo sempre había alí aparcado unha furgoneta de “O Rei das Tartas” para aproveitar a posibilidade publicitaria de que a súa imaxe comercial acompañase calquera recordo fotográfico do primeiro monumento de Mondoñedo.

Como Lugo, Mondoñedo é cidade histórica, con trazado nunca concebido para o tráfico rodado destes dous últimos séculos, e aínda así poden percorrerse rúas manifestamente peatonais que algún día conseguirán selo.

O concello mindoniense anuncia que a súa praza principal vai queda rprohibida para a circulación e os aparcamentos, en canto estean rematados uns aparcadoiros disuasorios que preto dalí se están construíndo.

Ise é o camiño: aparcadoiros disuasorios, e se é posible non tan caros coma os de Lugo, con importes que fan que moitos posibles usuarios se arrisquen a unha multa antes de pagar os seus elevados importes.

Primeiro foi Lugo, agora Mondoñedo. Son batallas victoriosas dunha guerra difícil contra o mal uso dun elemento vital como é o automóvil, necesario (imprescindible) pero que, como todo, cómpre non abusar, e utilízalo na medida necesaria e dun xeito racional.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES