Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Días difíciles

martes, 29 de noviembre de 2005
Sempre se fala de outono quente como estación que sucederá a un verán repousado, cálido, estabilizado.

E este verán poderá ter sido calquera cousa pero repousado non, porque a axitación política derivada da constitución do novo goberno privouno desa característica que se supón inherente á estación do descanso.

Pero o outono sí que está resultando quente en actualidade, axitado en acontecementos, difícil en asunción e tránsito.

Faise costoso atravesar o calendario cando os agricultores dan a elixir ó goberno entre pacto ou tractorada, para solucionar os problemas que xenera o precio do gasóleo. Pero o goberno da nación ten abondo con sacar adiante un acordo decente no cumio que tanta expectación despertou, e dar solución axeitada ó problema do ministro Montilla que veu lembrar o vello tema da condonación de créditos bancarios ós partidos políticos (con débedas de 39 millóns de euros).

Especialmente en Galicia as augas baixan revoltas entre os principais grupos políticos... Porque mentras en Santiago se gardan as formas de xeito escrupuloso, desde A Coruña o Alcalde Vázquez trona chamando ó PP a un gran pacto co Psoe estilo Alemania para non depender do Bng, e desde Lugo o Alcalde Orozco arremete contra o Bloque, suspendendo a súa xestión, por falta de dilixencia política para solucionar os problemas que o concello da cidade bimilenaria ten planteados.

En tanto e en fin, o P.P. vive en Galicia as súas primarias dando protagonismo ós seus militantes –que según algunhas fontes son 88.000 e según outras 91.000– para decidir quen vai ser o sucesor de Manuel Fraga ó frente do Partido en Galicia, enfrontándoo a xeito de primarias con compromisarios e páxinas publicitarias na prensa escrita dando a entender a transcendencia que o feito ten para a primeira opción política de Galicia.

Todo esto, en tanto aínda non se solucionou o conflicto do Parlamento, e as palabras altisonantes dos políticos, e as confrontacións verbais de todo tipo, nos producen unha sensación de agobio complicado de explicar.

E pensar que os días novembrinos son escuros, fríos, calmos, que parecen máis longos por tranquilos. Dan subida de temperaturas para o xoves... Ou sexa: Esto, aínda pode empeorar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES