Hábitos de condución
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 14 de abril de 2014
Quedo quietiño coma un paxariño diante dunha cristaleira que me permite ver como pasan os coches pola rúa. Pasan veloces porque tendemos a correr aínda que sexa na cidade. Aparcan en dobre fila porque tendemos a ser moi cómodos e custa horrores desprazarse a tal ou cal tenda ou comercio.
Contemplo tamén dedos que furgan no nariz porque, como imos solitarios no vehículo, pensamos que ninguén nos ve. Intúo, a maiores, eses cabreos que nos collemos porque o que vai diante non corre ou porque fai manobras que non esperas (e nós sempre somos perfectos).
Sigo quietiño e contemplando hábitos de condución, ás veces, temeraria.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora