Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

90 Euros

viernes, 11 de abril de 2014
Deixoume preocupado o Presidente da Xunta ao saber que fixa en noventa euros o importe dos agasallos que poden recibir os altos cargos por parte de particulares ou entidades que queiran ter “unha atención” como sempre se dixo con esas autoridades.

Por que 90 e non 100, 300, ou 50?. Ao cambio, noventa euros veñen ser 15.000 pesetas das de antes, que en algo segue vixente a peseta porque seguimos a traducir simultáneamente os importes, sobre todo en cifras así redondas. ¿Qué valor simbólico teñen as quince mil pesetas de antes e os 90 euros de agora?.

E outra cuestión: Como se tasa o valor dun agasallo. Antes, estaba claro, e os paisanos sabían que para congraciarse cunha autoridade o mellor era regalarlle un xamón, que a todos agradaba, para todos valía, e en todas as casas abría as portas. E hoxe, canto vale un xamón?. Se é algo especial, máis dos noventa euros polo que os políticos en exercizo do poder só poderán recibir un lacón, e se é de pata negra ao mellor só un “codillo”.

Que faena, presidente, fixar unha cifra de xeito tan aleatorio!. Estaría mellor tomar decisión firme de non aceptar ningún tipo de regalo, costase o que costase... pero noventa euros poden significar un par de botellas de bo viño, unhas ristras de chourizos, unha carteira simil pel, unha pluma... porque o que é seguro é que aínda que sexan por ese importe ou inferior non deben aceptar talóns –conformados ou sen conformar- e moito menos moeda de curso legal.

Non hai moito tempo, había o costume de dar unha propina a determinados profesionais que se distinguían nas súas atencións persoais, para que “tomasen un café”... ¿A cantos cafés se pode invitar a un alto cargo?... En todo caso vai depender de onde se tomen os cafés, que hai boa diferencia entre o dunha cafetería de luxo e, poñamos por caso, a da Xunta, en San Caetano.

Sigo cavilando na cifra dos noventa euros como tope dos agasallos... Supoño que non chega para unha caixa de “montecristos” e desde logo só para a entrada dunha cesta do Nadal. Xa vexo aos altos cargos pedindo o tiquet de compra de calquera cousa que lles leven para comprobar que non se pasan na atención. Tanto o regalo como a limitación do importe son, Sr. Feijóo, todo “un detalle”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania