Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O meu bastón: meu amigo da alma (e II)

jueves, 10 de abril de 2014
O meu bastón serviume a min, pero non só a min, que a quen lle reina servir non repara nin leva conta de a cantos axuda.

Cando se tivo que operar miña irmá dunha perna díxome:
-Non te tentará o demo a comprar outro bastón para túa irmá. Se lle me fago moi alto, non repares en rabenarme por baixo o que faga falta.

A miña irmá custoulle moito menos ca min prescindir del, porque é muller e muller labrega, nai de dous fillos capaz de manter ben as vacas e á familia. Pola noite aínda saca tempo para facer unhas tartas que saben a gloria, ou ganchillar unhas cortinas, ou bordar unhas sabas, ou facer un ramo de flores para regalía máis dos ollos dos outros ca dos seus propios, pois non lle queda tempo nin a mirar para el, ou ordenar e limpar o que os demais da casa desordenamos e emporcallamos... En definitiva, a miña irmá custoulle moito menos traballo ca min prescindir do bastón porque xa estaba ela moi afeita a ser bastón, igual ca moitas máis mulleres labregas e non labregas... Igual ca túa nai, Deus cha conserve, ou Deus cha recompense na gloria.

Por tarde que eu chegue á noite o meu bastón, que xa non podo dicir que sexa só meu, aínda que tampouco deixou de ser meu, sempre me pregunta:

-Qué, hoxe doeu a perna?

Polas mañás, cando teño que saír moi cedo, procuro andar a modiño para non espertalo, pero el case sempre se dá conta e disimula facendo que segue durmindo. Estoutro día díxenlle:

-Por aí a calquera hora vouche dar unha capa de verniz, que o que tés xa está moi escascarillado.

El respondeu coma un lóstrego:

-Nin se che ocorra! Matarías o sacramento de que nos imos facendo vellos xuntos. Tamén a ti che branqueou o pelo e máis non o pintas.

Case sempre lle digo a onde vou e ás veces quere ir comigo para recordar tempos recorrendo os mesmos camiños que noutrora xa temos recorrido xuntos. Hai algúns días díxenlle que tiña que ir a Lugo e inviteino a acompañarme, pero preferiu quedar, e máis as cidades pequenas non lle meten medo coma cando fomos a Madrid. Alí asustábao pensar que podían pisarnos. Preguntoume iso si, a quen ía ver. E eu respondinlle que non sabía certo con quen podería encontrarme, pero fíxenlle as seguintes preguntas:

-Mira, e se me atopo con algúns pais pódolles contar as nosas conversas?

-E para que? –contestou el preguntado.

-Home -respondín eu- por se non atinasen a deixar que os fillos vaian sendo eles mesmos.

-Fai como queiras -dixo el secamente.

-E, se saúdase a algúns mestres coñecidos podo recordarlles que a súa función é moi parecida á túa, de apoio e non de substitución?

-Ti verás -volveu a responder moi cortante.

-E, se tropezo con algún compañeiro cura que aínda non caeu na conta de que cada fiel cristián tén que repensar por si mesmo a súa fe para que sexa máis fiel a Xesús libertador, desde unha fe máis madura e persoal?

Xa en son alporizado coma nunca antes o vira, respondeu case berrando.

-Fai o que queiras! Por min coma se queres contarllo ós bispos, que tamén teñen un caxato! Non me atafegues con preguntas que non sei responder!
O que fixo carreira fuches ti, non eu, que nacín e crieime entre os toxos e nin sequera sei ler! O que sei, seino pola radio do coche e por esta que tés na habitación.

Di que non sabe ler... e tén moita máis cultura ca min. Gustaríame ter ocasión de presentárvolo, aínda que non tén empuñadura de prata nin de marfil, porque el non naceu para presumir, senón para servir.

Proximamente volverase a lembrar a entrega total de quen dixo: “Non viñen ó mundo para ser servido, senón para ser servir” Será irreverente comparar a Xesús cun bastón? Seguilo terá algo que ver con ser bastóns?.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES