Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vello testamento

jueves, 10 de abril de 2014
Ofrecemos á posible curiosidade do lector o contido do testamente que Vasco López de Moscoso, veciño de San Martiño de Mondoñedo, polo que , o 22 de febreiro de 1564, dispuxo ser soterrado dentro daquel Mosteiro, onde estaban enterrados Pedro Mariño e Alonso de Río, seus irmáns, deixando a este fin 1500 maravedis. Deixou 5 reais ó crego que o atendese no derradeiro momento; dispuxo que o día do seu enterro dixesen misa pola súa alma tódolos frailes e clérigos que poidesen atoparse. Manifestou o seu desexo de que o enterrasen antes das 5 horas despois do seu pasamento.

Dispuxo que se dixesen oito misas cada día, cantadas e rezadas, tódolos nove primeiros días despois do seu enterro, dando de comer ós pobres mais necesitados. Dispuxo que non se fixesen honras e que lle dixesen catro trintenarios pechados de San Gregorio no Mosteiro de San Martiño e tres abertos,coa limosna de 1000 maravedís e unha libra de cera para os pechados e 400 maravedís para os abertos.

Mandou decir o outavario e as Misas de plazos, coa vianda acostumada. Mandou que, despois da súa morte, se enviase un romeiro, no seu nome, a Nosa Señora de Guadalupe, á que debían entregarse mil maravedís e celebrar alí unha Misa. Mandou dar 200 maravedís para arranxo da igrexa de Benquerencia; á de Santa Cilla un cáliz de plata do peso dun marco.

Deixou para a obra da igrexa de San Martiño 400 maravedís. Mandou entregar á Santa Cruzada 2 reais; ó Hospital de Santiago un real; ós pobres de San Lázaro de Mondoñedo, de Viveiro e Ribadeo 10 maravedís a cada un; mandou poñer no Hospital de San Martiño de Mondoñedo unha cama de roupa por valor de 500 maravedís; para arreglo da ponte da Espiñeira 2 reais e para o arreglo da de Fazouro, outros 2 reais.

Deixou ó seu fillo Vasco a metade da súa facenda de Foz e 10 vacas coas súas crias.. Encomendou a este fillo os outros fillos Francisco e Sancho López As disposicóns testamentarias do rico home resultan para estes tempos sorprendentes e algunhas mesmo insolitas.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES