Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (3)

miércoles, 09 de abril de 2014
Lembranzas dunha vida (3)
Netos e Avós


Teño moito que contar dos avós que non saen na televisión, e teñen as mans curtidas de traballar para que os netos teñan comida na mesa. Fan de médicos, de costureiras, de psicólogos, de todo..., porque o soldo non chega para moito e traballo non hai.

Na televisión, aos nenos lávanlles o cerebro con tantos anuncios. Todo de marca. Para que? Para a ruína. Sen tanto anuncio, viviriamos mellor. Hai xente que sabe moito, que a deixen ensinar. Programas educativos son os que fan falta, e non tanto chismorreo. Tantos millóns por falar mal uns dos outros. Saen millonarios a patadas; parece que isto é o que máis diñeiro dá; pero..., non será o que menos interesa? Cando hai unha voda, todo o día diante da televisión para ver ramos, vestidos, se están tristes, se os paxes se dan patadas... Parece un desfile de Entroido.
Logo, vas ao médico e di que non o pode receitar porque non o dá a Seguridade Social.

Amigos, se todos foran como algúns avós que hai na España labrega, volveriamos aos tempos de antes, nos que a xente cantaba e asubiaba. Todos comiamos pan de millo; os avós eran queridos e os netos tamén.

Perdoade, son moi pesada, pero quero moito á xente.

Gustaríame que todos foramos felices.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES