Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De tumbas e piscinas

lunes, 07 de abril de 2014
O destino das tumbas é o de estar soterradas, baixo terra, e iso é o que parece pensar o Concello de Lugo cando estima que deben permanecer debidamente tapadas un conxunto de dez tumbas tardoromanas que apareceron no antigo cárcere, debaixo dos espazos que ata hai pouco tempo ocupou a policía local.

A noticia, en si, contrasta coa posta en valor de restos romanos en diversos puntos da cidade, sexa o acueducto da praza de San Marcos, a base da antiga porta da muralla na Ruanova, ou o mosaico de Batitales na rúa da Cruz, que van conformando unha xeografía urbana de restos romanos como corresponde a unha cidade coma a nosa.

E sen embargo encaixa perfectamente co acontecido coa piscina romana da Praza de Santa María que, descuberta a comezos dos anos sesenta cando se rebaixou o nivel da praza, apareceron as escaleiras do bispado e quedou visible máis dun metro de altura das paredes da catedral, pero daquela non pareceu conveniente deixala ao exterior, polo que se rebaixaron os bordes, encheuse de area e volveuse tapar agardando mellores tempos.

Resultou que, efectivamente, xa neste século, foron mellores tempos e rescatouse a piscina que os técnicos tiñan localizada, e aí a temos como unha xoia de primeiro orde para lucir como complemento perfecto das murallas, as termas e o resto de pegadas romanas que van aparecendo nunha cidade da que xa dixo Manuel Murguía que non había máis que levantar as pedras do chan para que aparecese a herdanza física de Roma.

Visto así, non parece mal que, unha vez investigadas, e documentadas, se protexan para o futuro, agardando o momento axeitado. Se a piscina romana puido agardar corenta anos despois de descuberta para volver a ser contemplada, ben poden neste tempo de penurias seguir soterradas as dez tumbas, gardadas para os que veñan despois de nós.

Que seguro que despois deste tempo escuro ten que vir, tarde o que tarde, outro tempo máis claro no que pode ser bo ter elementos monumentais –dez tumbas neste caso- que rescatar e exhibir.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania