Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adolfo Suárez: O poder do diálogo

miércoles, 09 de abril de 2014
Fai dúas semanas finou o primeiro presidente da democracia Adolfo Suárez. Teño as miñas discrepancias sobre esa idea estendida de que toda a Transición se fixo de arriba a abaixo, xa que creo que houbo moito mar de fondo sen o que os de arriba non tomarían as iniciativas que tomaron. Os derradeiros anos do franquismo foron contestatarios, empezando polo 68 español e galego que nos deixou auténticos feitos históricos como o recital de Raimon en Madrid ou en Compostela, ou a expulsión dun decano na Facultade de Ciencias. Con todo, creo que Suárez foi a mellor opción para dar paso á democracia e así o verificou o propio pobo nas primeiras eleccións.

Por outra parte, considero que quen se foi é para sempre unha figura emblemática da política española e mesmo da política universal porque foi capaz de sentarse coa súa propia antítese para facer un país a medida de todos. Non sei se o obxectivo fica conseguido, probablemente estea aínda engaiolado entre Penélopes que veñen e van pero o feito de ter guiado esta empresa con integridade e man tendida converte a Suárez nun político histórico que constitúe un auténtico exemplo para un tempo eivado en políticos de altura moral.

A figura de Suárez ensínanos que todos podemos cambiar, non como o camaleón que describía Vicente Araguas, senón de verdade, crendo de corazón que a democracia é o mellor dos sistemas políticos. Suárez sempre creu no que facía e soubo devolverlle ao pobo a liberdade sucando un mar de polos opostos preparados para a contenda. A man de Suárez soubo construír pouco a pouco a reconciliación dando paso a unha democracia que callou definitivamente coa vitoria socialista.

Suárez ensinounos a facer un país falando e contrapoñendo as visións máis opostas ata chegar a un punto de encontro. Curiosamente, isto é o que hoxe en día son incapaces de facer os políticos en activo, se cadra máis preocupados por manter o seu estatus. O diálogo é fundamental en tempos adversos e é o único que nos pode levar a porto seguro. Tamén nos demostrou o presidente Suárez que en política non existen os imprescindibles; por iso, o seu último exemplo foi retirarse mantendo íntegros os seus valores morais.

Hoxe, máis que nunca, bótanse de menos homes e mulleres como Suárez en política. Nun momento que non existe a máis mínima empatía do poder co pobo. Suárez tívoa e acabou por devolverlle o tesouro máis prezado: a liberdade, unha liberdade que hoxe temos que defender dos políticos que nos desgobernan. Quizais non aprenderon do seu antecesor cal é o poder imprescindible para un bo político: o poder do diálogo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania