Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A banalidade do candidato político

lunes, 07 de abril de 2014
Desexamos coñecer os nomes dos candidatos dos partidos políticos para as eleccións europeas que se celebrarán o 25 de maio. Era de esperar que no seo dos partidos houbese debates e primarias para elexir ao mellor candidato. A estas alturas aínda non coñecemos máis que un ou dous. É certo que do 16 ao 21 de abril é o período para a proclamación das candidaturas, mais, para un posto tan importante ¿non sería preciso preparar e elexir ao máis competente?.

Que se manteña o anonimato do candidato até a última hora, fai pensar ao votante, que dá igual poñan o que poñan. O que realmente interesa é lograr e manter o poder do partido. O candidato vai ser só un testaferro, un “home de palla” do partido; ou sexa, sen liberdade para actuar e só correio de transmisión das decisións dos mandos. Levados a este extremo, o mellor candidato para o partido é “o máis dócil”, o máis submiso, o que menos pense, cuestione e valore as normas e as decisións; o que loite polo partido, e non polo conxunto da sociedade á que pertence, dentro do contexto internacional. Capaz de virar á dereita e esquerda tantas veces cantas faga falla. Un home que igual se chama García, López, ou Fernández, ¡un de tantos!; son candidatos sen iniciativas proprias, nunha esmagadora maioría.

Non sei se é unha esaxeración ou unha realidade, non teño coñecimento empírico das formas de traballar dun partido porque nunca me afiliei, creo que non me afiliei para evitar que me botaran ao segundo día por non cumplir “a obediencia debida”, obediencia a unhas normas tantas veces inxustas e até malignas; dende o comezo para o afiliado porque despersonalizan-o, anulan-o, homoxeinizan-o, e fan-os “a todos iguais”, iso é imprescindibel para manexa-los, só os líderes teñen o direito e o poder para decidir e cambiar as normas. A teoría que expoño non é propria, nen nova, só é unha explicación sinxela, dos métodos de propaganda para guiar ás masas, tanto na política como na publicidade que impulsa o consumo masivo.

Hai un ponto importante que deben considerar os candidatos destes partidos poderosos. Eles non deciden, mais son corresponsabeis do ben e do mal. Así vimos nos últimos anos, como os portavoces dos partidos teñen que mentir, terxiversar ou utilizar amplas doses de cinismo para dar explicacions, que nen eles cren, e das que se ri até o máis tosco dos ouvintes.

Denantes de rematar quero explicar o término que puxen no título, que foi intencionalmente.

Banalidad refire-se ao libro da corresponsal da revista The New Torker (moi importante hoxe en día) a filósofa alemana e xudía Hannah Arendt, presenciou o xuizo en Israel do nazi xenocida Eichman, alen dos artigos na revista publicou un libro que foi traducido como La banalidad del mal, no ano 1963. Según Hannah, Eichman non representou ser un home mao por natureza, asasino por convicción, senon un personaxe político, trepador, amigo do poder e leal aos seus, ate o extremo de sentir-se tanto máis útil ao partido cantos máis xudíos mandase ao campo de exterminio de Auschwit, “todo lo realizaba con celo y eficacia, y no había en él un sentimiento de “bien” o “mal” en sus actos”. O Tribunal acusoun-o de crímes contra a humanidade e de pertencer a un grupo organizado con fins criminais, foi condeado a morte e executado no ano 1962.

O pasado mes de novembro (19/11/2013) o profesor da universidade Pompeu Fabra de Barcelona, José L. Pérez Triviño, publicou no xornal global, dixital HuffingtonPost.es o artigo “El nazi bueno o la banalidad del mal según H. Arendt”, interesante polas argumentacions e as citas. Dí: “La calificación de Eichmann como representante banal del mal viene dada por la imagen que éste transmitió de burócrata gris, débil de voluntad, amante del orden, servicial, obediente ciego de las órdenes que provenían de la superioridad. ... Eichmann era un hombre corriente que entró en la maquinaria nazi y llevó en efecto, actos conducentes al genocidio”. Prosigue o profesor , “ los primeros estudios psicológicos acerca de la maldad de los nazis llevaron a pensar que existía algo así como una "personalidad autoritaria", concepto acuñado por Theodor Adorno. Otros psicólogos hablaban de personalidades con tendencias fascistas. En cualquier caso, según estos enfoques habría individuos caracterizados por varios rasgos recurrentes: 1) una visión del mundo como una selva peligrosa, lleno de seres egoístas; b) una visión jerárquica de la estructura social; c) una alta valoración de signos externos de poder y estatus; d) una valoración negativa de la simpatía y la generosidad (identificadas con inferioridad) y en cambio, una valoración positiva de la fuerza y la crueldad (identificadas con una naturaleza "superior")”.

Estas apreciacións teñen cabida actualmente, cando se goberna con maioría, observan-se conductas “ditatoriaes”. Isto leva-nos a pensar que un partido político poderoso, actúa máis polo ben do partido, pola defensa do seu ideario (tantas veces malvado), que polo ben público. Esta conclusión obliga-nos a defender a “liberación do militante”, que, sen desexalo, actuará sen ética social, só porque o partido ten-o captado.

O problema resolve-se si: a) Se acorda un código ético (con práctica moral) de servizo ao cidadan; 2) Se relaxa a “obediencia ao partido” cando éste se alonxa do código ético; 3) se expulsan e apartan dos cargos aos que non cumplan o código.

Estamos en tempos de cambios, desexados e impostos, favorabeis y perxudiciais. Que os partidos actúen con valentía e asuman A VERDADE e A XUSTIZA como pilares de servizo ao cidadán, ao traveso dos seus candidatos elexidos.
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES