De inmediato
Fernández, Suso - lunes, 07 de abril de 2014
O uso, demagóxico e oportunista, que os políticos fan dalgúns termos, propicia que as palabras perdan o significado e a forza expresiva, aumentando a incredulidade nos dirixentes. Dí o diccionario,queinmediato significa suceder de contado, sen tardar
En 1994 celebrou Foz as I Xornadas Históricas da Mariña, con grande éxito Un dos días analizouse o presente e o futuro do turismo na comarca, coa presenza do-conselleiro do ramo, Sr, García Bobadilla.. No debate e rolda de prensa posteriores con coñecidos xornalistas: Daniel Hortas, Ramón Pernas, Luis Mariñas, Elías Rodriguez, Antón Reixa
alguen preguntou ó conselleiro: se o seu departamento tiña prevista algunha inversión na bisbarra. O político dixo que tiñan cousas entre máns, e que , de inmediato ían realizar obras de conservación e rehabilitación no pazo de Tovar, en Lourenzá.
Xusto vinte anos despois ábrese ó público, coa lóxica ledicia: o patrimonio histórico/cultural é de todos e canto mais preto, maior interese. por razóns obvias, para a sociedade do contorno; pero, lector amigo, non se rasgue as vestiduras pola tardanza: no pobo do cronista, dende hai anos, amoréanse anuncios e promesas, que nunca se cumpliron; alóngase o prazo ata o esquecemento.e os focegos, resignados e retranqueiros, entonamos o vello tango: que dí que veinte años no es nada.... que con inxenuidade xustifique anímicamente tanta frustracción.
En 2008 visitou a Mariña o presidente de Portos. O alcalde convocou unha reunión á que asistiron os presidentes da Confraría e do Náutico, algúns directivos de ambos e outras persoas do mundo do mar, e tamén o cronista.
O alí tratado resultou frustrante, e esbarrallou toda utópica esperanza de porto deportivo aínda que se falou do plan director de Portos e que se contemplarían os posibles do mesmo algo que sabíamos incerto, pois había tempo que aquel organismo o tiña desbotado. Así se espuxo ós reunidos, co notorio cabreo da Autoridade local, mesmo suxerindo que un dos presentes quería reventar o acto.(¡qué cousas!)...o mandamais de Portos dixo que, de inmediato, ían dragar a dársena.... ¿Qué entenderán os políticos por inmediato?...

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora