Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manter o tipo

viernes, 04 de abril de 2014
Que difícil é ás veces manter o tipo, tanto para os particulares como para quen ten unha representación institucional. Cada quen no seu nivel, na súa área de actividade, está obrigado a presentar boa cara ao tempo, sexa este tempo cal sexa.

Hai moito que no concello de Lugo as augas baixan revoltas. O goberno municipal, e de xeito moi directo o Alcalde, como máximo representante deste, aguanta continuos embates informativos e xudiciais nunha cicloxénese explosiva tras outra, non sendo a menor a que esta semana se producíu.

O seu socio de goberno que o foi durante a metade da lexislatura, o Bng, retirouse hai tempo para que a marea non lle afectase, deixando só, en minoría, ao Partido Socialista, que desde entón vai navegando como pode, sabendo que unha moción de censura que puidera presentarse polo PP non ía ser apoiada polos nacionalistas, que xa non son goberno, que case son oposición, pero que sen embargo seguen a ser sostén do goberno municipal por acción ou por omisión.

Cando antes dixen que era difícil manter o tipo, con serlle difícil ao alcalde e ao goberno municipal, non me refería a eles senón aos membros do Bng, que non querendo apoiar a Orozco pero tampouco ao PP, solicitan publicamente a dimisión do Alcalde, pedindo que se vaia ou que o seu partido o retire diante da situación xurídica planteada, que nos últimos días se agudiza por novas informacións coñecidas en relación coas “operacións” xudiciais en marcha.

Eses brindes ao sol non valen para nada. Se o PP quere facer algo, que presente unha moción de censura. A ver que fai o Bng. Ou que presente o Bng unha moción de censura, a ver que fai o Partido Popular. Sería cousa de velo.

¿Qué non están a gusto así os do Bng?... E que creen, ¿Qué están a gusto os do Partido Popular sendo doce vendo gobernado o concello por un grupo de once?. Polo que se ve, seguirán todos con mal corpo ata que a situación situación rache por algún lado, ou cheguen as eleccións municipais do 2015.

Pois se esto lles provoca mal corpo, que se preparen todos se aos lucenses nos da por pensar o que convén facer diante dunha situación así, sen pes nin cabeza.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania