Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Medo

miércoles, 02 de abril de 2014
Desde o Preguntoiro: O Medo

Comentan algúns estudosos que o medo produce unha tensión de alerta necesaria para vivir, superar os perigos reais axúdannos a defendernos da nosa angustia. Porén, temos outro tipo de medo, o que paraliza, o que impídenos reaccionar para superar as súas causas. Este outro medo é o que pode ser manipulado para dominar a outros. Isto ben a conto polas políticas de medo que o goberno e poderes fácticos intentan utilizar, para someter á cidadanía e manternos nun estado de bloqueo que limiten os nosos criterios ante os ataques de inxustiza.

Ante o nivel de pobreza, perda dos dereitos sociais e miseria da que falou Cáritas, a única defensa que ten o cidadán é o dereito de manifestacións como a da Dignidade en Madrid, cousa que trataron de criminalizar a máis de un millón de manifestantes. O goberno non corrixe o diagnóstico, senón que por riba sacan leis máis represivas para meter máis medo, usando todo o posible para que ese medo chegue a todas as mentes dos cidadáns, manipulando os medios escritos, audiovisuais para xustificar máis represión, mentres a maioría do pobo pasa fame e calamidades e sen futuro para os máis mozos.

Non lle chega todo isto a estes impresentables, por riba o Sr. Rouco no funeral de Adolfo Suárez ten a cara de dicir: “...superar las actitudes que pueden causar una guerra civil...”. Este Sr., remata de ser o bufón do goberno, un panfleto máis que suma a ese obxectivo de meter máis medo no corpo á xente. Rouco non pide concordia facendo apoloxía, quere sometemento ao poder establecido, seguir a orde de sempre e que sigan perpetuándose todos eles nos seus tronos e poltronas polos séculos dos séculos.

A inxustiza xera violencia e a miseria é unha mala conselleira. A utilización política e relixiosa do medo está moi ben documentada, en especial a da historia nazi.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES