Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha aposta polo porto de Vilagarcía

miércoles, 23 de noviembre de 2005
Coido que moitos cidadáns de Vilagarcía e de Arousa pensamos nestes intres que, o porto Comercial de Vilagarcía ten unha importancia estratéxica tanto para tódalas comarcas da Ría de Arousa como para Galicia como infraestructura de transporte marítimo, en especial o de tratar de impulsar o cabotaxe europeo. Agora coa nova directiva ao mando do novo presidente Sr. Xesús Paz coidamos que este impulso sexa moito máis efectivo pola súa experiencia de moitos anos na Autoridade Portuaria, non como cargo político (aínda que o é) senón como técnico nese eido.

Agora que estamos coas obras de recheo de ampliación de Ferrazo, coido que estes solos xerados por eses recheos teñen que ser para infraestructuras ao servicio das empresas que promoven o tráfico de mercadorías no ámbito portuario. Polo talante, experiencia e ideoloxía do actual Presidente, penso que a futura andaina non irá por aqueles pasados derroteros de converter o porto en solo industrial, barato para os concesionarios e carísimo para a sociedade, xa non polos custos económicos, senón polos ecolóxicos e intentar en tempos pasados de facer un modelo de creación de solo para a instalación de industrias fabrís que nada tiñan que ver co tráfico marítimo, xa que non podemos esquecer os recheos que se fixeron na explanada TIR con fins portuarios converténdose en superficie comercial privada, recheo que no seu tempo se fixo cos cartos de tódolos contribuíntes, beneficiando á iniciativa privada.

Non dubido nestes intres que o recheo de Ferrazo a xustificación vai en función de mellorar a explotación do tráfico con expectativas de empresas que gardan relación portuaria, onde me consta polos meus datos, que o tráfico medrou considerablemente desde fai catro ou cinco anos.

As medidas de seguridade coa implantación do Plan de Emerxencia Interior (PEI), tanto na súa zona de servicio terrestre como na lámina de auga mellorou a seguridade en tódolos eidos, coido que aínda se pode mellorar moito máis.

O Sr. Xesús Paz, a partir destes intres ten dúas “patacas quentes”, a primeira é o rematar dunha vez por todas aquel proxecto de fai unha morea de anos, como é a conexión do porto coa autoestrada, cousa que parece que vai polo bo camiño, Xesús ten esa gran oportunidade de acadar esa obra tan necesaria. A segunda “pataca” non lle vai ser tan doado, no Plan Director desde o primeiro intre, deuse unha especial importancia a implantar a rede ferroviaria coa comunicación de tódolos peiraos, cousa que é moi necesaria debido a que os portos en España están facendo unha aposta pola revitalización do ferrocarril nos portos, xa que se configura como o modo clave de transferencia de carga, e polo tanto o seu papel é moi esencial para acadar a intermodalidade marítimo-ferroviaria. ¿Cal vai ser o seu trazado?. Coido que se ten que abrir un debate sobre este tema entre todas aquelas institucións públicas e privadas para darlle unha solución ao trazado, Se algún colectivo está por sistema en contra, sen sequera debater e nin sequera dar alternativas, que digan dunha vez por todas que non queren o porto en ningunha circunstancia, pero que o digan en “VOZ ALTA” sen riza-lo rizo, xa que a cidadanía podemos saber a que ateñernos.

Esta “pataca quente” a ten que coller o Sr. Paz con moito talante e dialogo para acadar un dos alicerces máis importantes do porto como é o ferrocarril, e temos que ser moi conscientes que si falla esta factor, iremos paseniño ao fin do porto nun futuro. Debate xa.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES