Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Infractores

martes, 22 de noviembre de 2005
Cando nos enteramos que deteñen dous barcos galegos en Noruega por unha aínda non declarada nova guerra do Fletán, as nosas iras afloran e instintivamente temos a necesidade de defender ós nosos paisanos agraviados.

Precisamente agora que hai moi pouco tempo que se sabe que a guerra do Fletán estivo a un tris de selo en todo o sentido da palabra, xorde este novo problema precisamente cun dos paises máis pacíficos ou pacifistas do mundo, que cando lles afectan os temas económicos deixa ver outras vertentes non abondo coñecidas.

Os dous barcos galegos son detidos e inspeccionados, e dentro deles aparece carga que non debía aparecer e en cantidade superior á normal. Os problemas sempre se prestan a máis dunha interpretación, e Noruega considera que ten todo o dereito a deter, inspeccionar e xulgar estes barcos xa que a normativa de 1920 está obsoleta, e aínda que as augas onde detiveron os barcos son internacionais, o novo xeito de afrontar estes temas outórgalle -entenden- capacidade xurídica abonda.

Por parte hispana, dado que existen acordos de 1920 que así o establecen, no caso de infraccións deste tipo os barcos serán xulgados no seu propio país, e a eso aspiran os nosos compatriotas.

E neso estamos porque a realidade é que os dous barcos son infractores como xa o recoñeceron as nosas autoridades, e polo tanto só cabe agardar decisión de quen vai ser o xulgador, e cal vai ser o castigo.

Somos moi dados á flexibilidade, sobre todo cando nos convén. E nas normas buscamos moito máis axiña o xeito de saltalas e acomodalas ás nosa necesidades que a cumprilas.

Sempre consideramos que os nosos bacos, por aquelo de ser a flota -ou unha delas- máis importante do mundo, estaban no punto de mira de tódalas flotas competidoras. Que sí, efectivamente.

Pero os nosos barcos distan de ser, moitas veces, anxos inocentes cazados a traición por corsarios extranxeiros. E resulta vergoñento que as nosas autoridades teñan que recoñecer que existen cadansúa infracción e ó único que podemos aspirar é a xulgalos na propia casa.

Que neste conflicto existen outras razóns e argumentos poderosos, seguro. Pero hai unha razón de fondo: Se non tivesen incumprido as leis, non se tería orixinado ningún problema. Se queremos estar -e actuar- en Europa como europeos, comportémonos decentemente, e deixemos o filibusterismo para outros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania