Pregunta Clave: ¿Qué é de teu irmán?
Mato, Xesús - lunes, 21 de noviembre de 2005
Única chamada á que temos de responder (¡facernos cargo!) todas as persoas humanas, crentes ou non. Resposta comprometida da que depende o presente, o futuro e mesmo a salvación do mundo. A pregunta vén de vello: O Deus/Creador dille a Caín, no Edén: ¿Dónde está teu irmán Abel? Xesús dounos a clave e púxo o amor ao irmán como centro do Evanxeo e do seu Reino. Polo tanto, da fe cristiá. Hoxe convócanos a facer o de Xesús: ¡establecer a convivencia humana sobre as bases do amor e da fraternidade!
En vinte séculos deberiamos telo xa craro. A salvación definitiva pasa pola proba de amor do derradeiro día. Hannos preguntar polo irmán/á. Velaí: Vinde, benditos do meu Pai: recibide a herdanza do Reino preparado para vosoutros desde a creación do mundo. Porque tiven fame, sede; estiven espido, enfermo, no cárcere; fun forasteiro
e atendéstesme. Os despistados de sempre (incumpridores): pero, Señor, ¿cando te vimos famento, espido
!?. Dígovolo, de verdade: ¡Canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos, comigo o fixestes (Mt.25,31-43) ¡Así de claro e directo falou Xesús!
Entrementres, moitos cristiáns/ás pasámolo tempo e a vida enleándonos en discursións e liortas absurdas, apestando o ambiente de descalificacións mútuas e enfrontándonos uns aos outros
no canto de enfrontármonos a nós mesmos para arrincar das nosas vidas esa fe infantilizada e adormecida por un culto baleiro de senso e nunha permanente incoherencia á hora de vivir unha fe adulta e sermos quen de dar resposta á chamada do Señor que nos segue a preguntar polos seus/nosos irmáns pobres, os seus preferidos.
É doado saber quen son e donde están. Nas benaventuranzas e no xuízo que nos está a facer, hoxe, Xesús. Os irmáns son os pobres, os empobrecidos e marxinados do mundo; todos os que sofren e son despreciados por esta egoista e insolidaria sociedade. Son o sacramento máis visible e asequible que o Señor puxo diante de nós. Están á vista. Nas rúas, nas pateiras, no Terceiro Mundo, nos arrabaldos das nosas cidades, á nosa beira.
Detalle importante. Xesús non dixo: vinde os que falades moito de meu Pai e de Min; os que dades leis/normas; os rezadores e esmoleiros; os cumpridores dun culto sen espírito. Ao revés: vinde os que vos doedes dos pobres e facedes algo para arrincar a fame/sede do mundo; os que vestides aos espìdos, coidades aos enfermos
Vinde os que buscades rematar coa inxustiza que padecen os inmigrantes que mendigan traballo/pan nos países ricos do Norte. Ese é o único camiño para vivir a fe e seguir a Xesús. Non hai outro.
O reinado de Cristo vai na liña do servizo/amor. Nada de reinados, privilexios, poderes ou trunfalismos. El non quixo ser rei. Que aprenda a Igrexa e apredamos todos. O noso reinado tén de ser o de crear xustiza, fraternidade e amor. Os pobres témolos entre nós.

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora