Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

22 M, A Indignidade dos Xornais

jueves, 27 de marzo de 2014
Desde o Preguntoiro: 22 M, A Indignidade dos Xornais

Todo é unha mágoa ante o que está pasando neste país cos medios informativos sobre a manifestación da dignidade en Madrid. El País e outros xornais españois como a TVE foron a indignidade ante máis de un millón de persoas que pedían a dignidade. Este día 22M os xornais finaron.

Non tiven forma de decatarme do que estaba pasando no meu país ese día polo apagamento dos xornais. Tiven que sabelo polas redes sociais e polos medios comprometidos coa realidade social, en especial cos de Europa onde as novas gráficas e escritas desta grande manifestación eran reais.

É indigno que se minta tan descaradamente dicindo que eran 50 milleiros de persoas. É indigno que se intente criminalizar a unha das maiores manifestacións pacíficas dos últimos trinta anos. Indigno é mentir como cosacos alimentando as mentiras e manipulacións dalgúns políticos de goberno.

É unha verdadeira mágoa a morte neste país do xornalismo en papel, que nestes intres soamente dedícanse a manipular en lugar de informar e ser a voz do seu amo. Asemella a democracia, pero non o é; toda esta escenificación do 22 M foi diabolicamente prefabricada, deseñada e indignamente calculada, todo cartón pedra nun escenario. Por iso o domingo 26, aparecen as portadas e editoriais desatinados e apodrecidos, que non queda outra que facer a consulta a Portugal, Francia... para saber o que pasou na miña casa.

Aínda que temos excepcións, entre outros á valente xornalista Olga Rodríguez de o xornal El Diario.es que puxo os puntos sobre as is. Unha muller con coraxe que paga a pena ler e escoitar.

Volvemos ao NODO franquista. Aos grises ao mando de Paca la Culona e aos 25 anos de paz. A paz dos cemiterios. Non temos Radio Pirinaica nin Radio France Internacional, pero temos os medios europeos actuais que fan xornalismo de primeira.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES