Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Trinta anos

lunes, 21 de noviembre de 2005
Tal día coma onte, hai trinta anos, pasou a mellor vida (que xa é dicir) o dictador Francisco Franco, Caudillo de España "pola gracia de Deus", que rexíu o destino de millóns de españois durante un longo período de corenta anos, despois dunha rebelión militar e tres anos de guerra civil.

A data debería ser unha pura referencia histórica e, como máximo, cita para nostálxicos que aínda perviven, na que lembrar aquela data como o remate dun tempo que para moitos foi glorioso e para moitísimos outros nefasto, pero que a ninguén deixa impasible.

A opinión sobre Franco e o franquismo parece que empeora co tempo e, na actualidade, xa sobrepasa o 51 por cento o colectivo que condena aquel réxime no que tantos vivimos con sumisión e ata complacencia ignorante.

Quen non saiba mirar hacia atrás sen ira que aproveite para documentarse para non caer en erros como o dos membros do grupo Nós-Unidade Popular que decidiron acudir heroicamente a Ferrol, cidade natal do militar, desde Santiago, Vigo e Salvaterra para efectuar a heróica agresión contra a casa natal de Franco, na rúa María... E como todo o que se chame "Franco" para eles é cousa do demo, loitaron a brazo partido contra unha
placa-escultura, sen conseguir arrancala, sen darse conta de que se trata da placa conmemorativa da fazaña do avión Plus Ultra, na que o comandante Ramón Franco fixo historia da aviación cruzando o Atlántico sen escalas nos lonxanos e ledos anos vinte.

Se os dictadores, na outra vida, seguen controlando algo, Francisco Franco estará rindo a cachón vendo como os indocumentados extremistas galegos arremeten contra o seu díscolo, republicano e anárquico irmán, que lle deu algún que outro quebradeiro de cabeza.

"Contra Franco, vivíamos mellor" tense dito para evidenciar a necesidade de ter un obxectivo certo na loita polas liberdades, e como medio de manterse alerta e vivos nun mundo que nos conduce ó pasotismo e á deixación. Pero agora, Franco non é o inimigo. Nin siquiera os franquistas ou nostálxicos.

Quen pense que Franco ou os seus seguidores significan algo na nosa sociedade corre o perigo de arremeter contra o seu rebelde irmán, contra a antiga moeda francesa ou contra calquera muíño por confundilo cun xigante inexistente.

Trinta anos é moito tempo. As novas xeracións non saben quen foi o gran dictador que respondeu a ese nome e que, intentando endereitar España, tronzou en flor tantas ilusións e tantas vidas.

Esquecer, nunca. Pero os anos -os transcurridos, os vividos- deben servir para acumular experiencias, aprender leccións, e saber que vivimos un tempo diferente no que, aínda que cada quen nunha mínima parte, podemos decidir o noso futuro en liberdade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES