Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fiz Vergara visto por Yago Rodríguez

miércoles, 26 de marzo de 2014
Ven de presentarse en Lugo un libro sobre o escritor Fiz Vergara Vilariño, que vai ser de obrigada lectura para todos os que queiran saber quen foi este autor ao que estivo a punto de dedicárselle o Dia das Letras Galegas deste ano, quedando ao final en segundo lugar despois do chairego Xosé María Díaz Castro.

Fiz Vergara visto por Yago RodríguezPero ¿quen foi Jesús José María Felix Vergara Vilariño?. Foi un mozo que naceu en Santalla de Lóuzara en Samos o ano 1952, e morreu en 1997 con tan só 45 anos. Cando morreu, o colexio de Lóuzara chamábase Fiz Vergara, e despois creouse un premio co seu nome e un roteiro polos lugares da súa vida.

Se intelectual e poéticamente era un dos máis destacados creadores literarios da Galicia do seu tempo, físicamente sufríu unha enfermidade dexenerativa que o imposibilitaba ata para ler en voz alta os seus versos, pero iso non era obstáculo para que a súa obra chegase a todos os puntos deste país, desde aquel “fondal de Galicia, bretemoso e labrusco” que cantou Ramón Cabanillas.

Na presentación lucense interviñeron Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega, que foi – na súa época de catedrático de Literatura no Instituto Masculino de Lugo- quen descubríu este magnífico poeta, apoiouno e potenciouno nun labor de impulsión –como con outros importantes escritores lucenses- dun alumno que podía ser un gran escritor. E con el, Paco Martín, escritor e amigo; Alfonso Blanco Torrado, presidente de Xermolos e Irmandade Manuel María, que edita este traballo, e o autor, Yago Rodríguez Yánez.

Yago Rodríguez, lucense de 33 anos, profesor e escritor, doutor en literatura, é un concienzudo investigador que ten publicados libros sobre Darío Xohán Cabana, Helena Villar Janeiro, John Keats ou Emilia Pardo Bazán, e agora entra na vida e na obra poética de Fiz Vergara Vilariño cun volume de 980 páxinas, que fará historia literaria.

Cando van cumprirse 17 anos da súa morte, Fiz merecía un libro coma este e Yago Rodríguez Yánez encargouse de facer xustiza.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES