Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Renacer

jueves, 27 de marzo de 2014
Voulle face unha confesión:
Bioxicamente, hai moitos anos que nacín. Nacín o mesmo día que naceron os Dereitos Humanos na ONU.

Os Dereitps Humanos aínda están sen estear moitos deles; pero eu xa estou na recta final da miña estancia neste vida.

Eso é o que reflexa a miña idade cronolóxica; pero hai outra idade que é a que me mantén motivada para seguir aprendendo das leccións que cada día me vai ofrecendo a vida.
Dito doutra maneira: nacín hai moitos anos pero podo renacer cada día.
Se vostede quere saber a que me refiro siga lendo, por favor.

A min cómpreme renacer cada día por varios motivos:

-O PRIMEIRO PORQUE AÍNDA TEÑO VIDA E UNHA VIDA GOZOSA.
Seguro que vostede tamén se encontra nunha situación parecida.
Seguro que disfruta co que fai.
Seguro que pon moito amor no que fai e prodúcelle moitísimo gozo interno.
E se está pasando por un mal momento, espero que se recupere canto antes. Eu tamén tiven moitos e funos superando. Nesta vida todo pasa.

-O SEGUNDO PORQUE A ILUSÓN DE CADA DÍA É O MEU ALICIENTE PARA DESCUBIR NOVIDADES QUE ME MANTEÑEN ALERTA.
Nesto, tamén nos parecemos. Vostede tamén ten a cabeza chea de ilusión nun futuro prometedor:
Sei que ten moitos plans realizados e outros que logo sairán á luz. E outros moitos que nin sequera imaxina porque a vida é unha caixa de sorpresas.

-O TERCEIRO PORQUE AÍNDA ME QUEDA MOITO POR APRENDER E TEÑO QUE DARME PRÉSA PORQUE O TEMPO APREMIA.
Aínda que sei que vostede é unha persoa moi sabia, seguro que ten moitas ganas de aprender algo novo. O saber nunca está de máis. ¿Verdade que si?

-O CUARTO PORQUE TEÑO GANAS DE COMPARTIR COA XENTE XOVE TODO O BO QUE FUN ACUMULANDO Ó LONGO DA VIDA.
Xa sabemos que os nenos de agora nacen moi listos porque están moi ben atendidos por médicos pediatras, por mestres especialistas, por psicólogos, etc, etc.
Pero tamén é verdade que ninguén nace aprendido e que hoxe en día están expostos a infinidade de perigos
¿Certo?
Pois daquela a infancia e a xuventude necesitan a axuda de boas persoas adultas e anciás como vostede ou coma min..
Dito doutra maneira: necesitan de nós e nós tamén necesitamos deles.
O difícil a veces é a comunicación debido ó desfase xeracional, pero hai que intentalo polo ben de todos.

-O QUINTO PORQUE SON UNHA PEZA DO PUZLE SOCIAL E TEÑO QUE FACER TODO O POSIBLE PARA SEGUIR ESTANDO AÍ.
¿Sería igual a vida da súa casa, da súa aldea, dos seu pobo, da súa vila ou da súa cidade, sen a súa presenza?
Pois claro que non .
Cando unha persoa falta, a vida segue, pero non da mesma maneira. Neste mundo todos temos un posto reservado par cumprir unha misión. Todos somos importantes aínda que non sexamos imprescindibles.
Sabemos que un día temos que partir, pero mentres estamos aquí; estamos por algo e para algo.
Vostede desempeña un papel moi importante tanto na súa casa como na sociedade. O puzle sen vostede estaría incompleto.
Por eso é moi importante que se manteña no seu posto.

No tocante a min, estou agradecida á vida que me deu tantas cousas boas para que eu me sinta feliz nesta etapa final dusfrutando a tope:

-Da saúde, que vai aguantando aínda que de vez en cando necesite unha “posta a punto”.
Se vostede goza de perfecto estado de saúde, disfrute e se non vaia aguantando o mellor que poida, como nos pasa á maioría dos mortais.

-Da alegría de vivir, que se di moi axiña, pero ten unha importancia vital. Ter ganas de vivir significa sacar enerxías a flote para compartilas e gozar compartindo.

Segurísimo que vostede tamén disfruta da alegría de vivir. Meréceo porque vostede ten moitos recursos para facer desta vida unha festa, aínda que non sempre toque a música ó son que a vostede lle gustaría.

-Da compañía de tantas e tantas persoas que me enriquecen co seu saber, co seu modo de proceder, coa súa amabilidade, coas súas mostras de cariño, lendo os meus artigos, etc,etc...

Vostede é unha persoa sociable por natureza por eso conta con moitas persoas ó seu carón que desexan compartir con vostede a vida de cada día. Aprovéiteas canto poida.

-De ter oportunidades para realizarme como persoa.
A vida danos oprtunidades tódolos momentos do día, tantas oportunidades que moitas veces nin siquiera somos conscientes de que as estamos disfrutando.

-Da ilusión de vivir: porque confío nun futuro prometedor; poque sei que no pasado tiven que superar moitos atrancos e supoño que tamén os haberá no futuro; pero o que toca neste momento é disfrutar do presente, dado que o pasado xa pasou e o futuro aínda non chegou.

-Da miña ignorancia (aínda que pareza mentira) e por eso mesmo: estou desposta a adquirir novos coñecementos; non teño medo para embarcarme en novas aventuras; quero conseguir novos retos; desexo poñerme ó día coas tecnoloxías e outras moitas cousiñas…Todo o que sexa con tal de non quedarme no foxo da vida.

Estou convencida de que a xuventude é un manacial de enerxía e vitalidade e os maiores sentímonos rexuvenecer por dentro cando aprendemos dos xoves. É un mundo fantástico.

A xuventude axúdanos a renacer cada día a novas experiencias:

-RENACER NA ADQUISICIÓN DE COÑECEMETOS: posta ó día, comunicación coa xente xove, aprendendo dos nenos que son os mellores mestres.

-RENACER Á VIDA SOCIAL: participando nos actos que corresponden á nosa idade e á nosa situación. Evitar por tódolos medios o aillamento.

-RENACER COMPARTINDO o mellor que temos e o mellor que somos: bens materiais, bens intelectuais e bens espirituais, porque a riqueza está en compartir.
¿Por que hai riqueza en compartir?
Porque o que dá é porque ten e o que recibe é porque o necesita. O que dá sente a satisfacción de dar e o que recibe sente agradecemento, que xeralmente volve a quen dá.
¡Mire que ben!

RENACER CADA DÍA É NECESARIO porque equivale a sentirse con vida e vida abundante. A fin de contas, deso se trata.
¿A quen non le gusta ter vida abundante?

A NATUREZA DÁNOS MOSTRAS DE RENACEMENTO CADA PRIMAVERA, E CONVÍDAMOS A RENACER PARA DISFRUTAR DUNHA VIDA FLORIDA E FERMOSA.
Por eso é moi importante RENACER.

Eu ando neso porque me parece fabuloso poder bota-los anos á espalda confiando que o futuro aínda pode darme moitas sorpresas agradables.
E se non fora así:

“De ilusión tamén se vive”

E vostede mire para a primavera e anímese a RENACER.
¿Por que non aproveita-la oportunidade?
O vindeiro xoves xa estamos en “ABRIL, GRAZAS MIL”
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES