Medrade e multiplicádevos
Xiz, Xulio - lunes, 24 de marzo de 2014
Galicia envellece a pasos axigantados... Cada día hai máis vellos, duramos máis os que aquí vivimos, nacen menos nenos, polo que non é extraño que teñamos unha das poboacións máis envellecidas de Europa.
Nacen cada vez menos nenos, non facendo falla que o digan os demógrafos, as estatísticas e as autoridades competentes, senón que o notamos no noso contorno, que chegados a este punto hai que ser moi valentes para traguer a un neno ao mundo, e xa non digamos -para os que xa teñen algún- aumentar a familia.
Foi o Presidente Fraga o primeiro que falou desde a Xunta da urxente necesidade de que nacesen máis nenos para evitar que Galicia fose dentro de poucas décadas un ermo no que vivirán os vellos que consigan/consigamos resistir e a xente nova procedente de oleadas migratorias que xa nin siquiera se producen por falta de oportunidades laborais para os que pudieran vir de fóra. E as autoridades seguen a abogar porque nazan nenos para renovar o censo, animando a que as parellas procreen, sen mencionar o chamamento bíblico de medrade, multiplicádevos e poboade a terra, aínda que tamén, que o noso rural está ficando deserto.
E para fomentar que nazan nenos, esquecido aquel vello sistema dos puntos aos traballadores con cargas familiares, as institucións xenerosamente elevan un puñado de euros a desgravación por fillo, subvencionan con cen euros ao mes ás nais traballadoras con nenos menores de tres anos, e subvencións anuais de trescentos euros por neno, tamén ata os tres anos.
Cabe preguntarse se as autoridades competentes teñen idea dos esforzos e falo só dos económicos- que na actualidade conleva criar un neno. Seguro que nunca leron a Luis Pimentel cando diante das mortes do funesto trinta e seis- xemía polos ímprobos esforzos para chegar a forxar un home.
Vendo o que pasa noutros países e as míseras axudas para os pais que crían nenos, cando nos volvan dicir que ten que aumentar a poboación infantil haberá que respostar que vaian predicando co exemplo para que saiban díxoo a Biblia- o que é parir con dor, e criar con sufrimento esa nova poboación que todos queren pero ninguén apoia como é menester.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora