Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros do Concello de Guitiriz (II)

jueves, 17 de noviembre de 2005
4º. O capitel
4.1. Formas que adopta
Once cruceiros teñen unha forma troncopiramidal (XXV). Catorce forma cúbica (XXVI). Catro forma paralepípeda e un cilíndrica (XXVII).

4.2. Ornamentación
O calvario dos Vilares e vintesete cruceiros presentan unha disposición moldurada.
Trece cruceiros estás decorados con volutas e querubíns (XXVIII). Tres cun funículo (XXIX). Dous cun colariño e outros dous amosan as ás dos anxos moi esquematizadas (XXX).

5º. A cruz
A maioría dos cruceiros amosan unha cruz de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas rebaixadas no resto, presentando unha cruz florenzada no remate dos brazos dun calvario e vintetrés cruceiros (XXXI), unha cruz trevoada no cruceiro da Rectoral (S. Salvador de Parga) (XXXII); unha cruz apuntada no cruceiro de Vilargabín e unha cruz bulbosa no de Casas Novas (Pígara) (XXXIII). No anverso da cruz, aparece a efixie de Cristo en dezanove cruceiros (XXXIV). Amosa as seguintes características:
A. A cabeza inclinada ó lado dereito en dez cruceiros (XXXV).
B. A cabeza inclinada ó lado esquerdo en dous cruceiros (XXXVI).
C. As mans pechadas en sete cruceiros (XXXVII).
D. As mans abertas en nove cruceiros (XXXVIII).
E. O perizoma anoado ó lado dereito en sete cruceiros (XXXIX).
F. O perizoma anoado ó lado esquerdo en dous cruceiros (XL).
G. O pé dereito sobre o esquerdo en trece cruceiros (XLI).
H. O pé esquerdo sobre o dereito en cinco cruceiros (XLII).

No reverso da cruz, aparece a efixie da Virxe en once cruceiros.
Tódolos cruceiros deste concello están construídos en granito, agás as plataformas dos cruceiros de Casas Novas (Pígara) e Roca, feitas de cachotería (XLIII); a base de cemento do cruceiro do Pazo (S. Xoán de Lagostelle) e o cruceiro de Vilargabín, construído case todo tamén de cemento (XLIV).
Con respecto a súa datación, algúns son do século XVIII, mais a maioría son do XIX e XX. Aqueles cruceiros, provistos de data, adoitan tela na base, no fuste e na cruz, como podemos comprobar por medio do seguinte esquema:

1º. Data na base
1.1. Cruceiro da Fírveda (S. Xóan de Lagostelle). 1890 (XLV).
1.2. Cruceiro de Cercedo (S. Estevo de Parga). 1977 (XLVI).
1.3. Cruceiro de Verulfe (Os Vilares). 1988.
1.4. Cruceiros da igrexa de Mariz. 1990 (XLVII).

2º. Data no fuste
2.1. Cruceiro de Saa (Labrada). 1798.
2.2. Cruceiro de Riotorto (Buriz). 1872 (XLVIII).
2.3. Cruceiro da Vila (S. Xoán de Lagostelle). 1880 (XLIX).

3º. Data na cruz
3.1. Cruceiro da Rectoral (S. Salvador de Parga). 1956 (L).

Finalmente facemos referencia a unha serie de canteiros, que interviron na construcción dalgúns cruceiros deste concello.

1º. D. Felipe Sá, canteiro de S. Salvador de Parga, construíu o calvario dos Vilares a finais do século XVIII. Segundo testemuñas de D. Segundo L. Pérez López, antigo párroco dos Vilares, hai outros cruceiros na zona, que foron feitos polo mesmo canteiro, debido a que teñen algúns trazos moi similares (LI). No mesmo século, D. Antonio Loureiro, canteiro de Pontevedra, fixo o cruceiro da Paderna (Labrada)".
2º. Nos anos trinta do século XX, un canteiro de Buriz, chamado Andrés, realizou o cruceiro de Reixas (Os Vilares), situado nun cruzamento de viarios.
3º. O señor Carreira, canteiro de Buriz, restaurou hai uns anos o cruceiro de Vilar, situado no adro da igrexa.
4º. O señor Feal, canteiro de Ferrol, construíu o cruceiro de Ferreira, hai dous anos.
5ª. Os señores Cancela e Xulio Garibaldo, canteiros de Buriz e Mariz, respectivamente, restauraron o cruceiro da Fírveda (S. Xoán de Lagostelle).
6º. O señor Lourés, canteiro de Miraz (Friol), realizou os cruceiros de Cercedo (S. Estevo de Parga) e o da capela do S. Alberte (S. Breixo de Parga) nos anos 1977 e 1984, respectivamente. Tamén fixo o cruceiro da igrexa de Sta. Locaia.
7º. O señor Pasarín, canteiro de Trasparga, construíu os seguintes cruceiros:
7.1. O cruceiro de Becín no ano 1978.
7.2. O cruceiro de Verulfe (Os Vilares) no ano 1988.
7.3. Os dous cruceiros da igrexa de Mariz no ano 1990.
7.4. A cruz do cruceiro das Negradas no ano 1990.
7.5. O cruceiro do Pazo (Os Vilares) no ano 1992.
7.6. O cruceiro da igrexa (Os Vilares) no ano 1993.
7.7. O cruceiro da pena de Lliboi (S. Estevo de Parga) no ano 1993.
7.8. Realizou tamén outros cruceiros de carácter privado: o da súa propiedade de Trasparga; os das casas de Belouchada e Fragueiro (S. Estevo de Parga); o da casa do gandeiro (Pígara); o da casa do mestre (As Negradas), etc…
8º. Finalmente os membros do obradoiro de cantería, impulsado pola agrupación cultural "Xermolos” de Guitiriz, restauraron a capela de Bascuas, ornamentaron o campo da capela con diversas esculturas de pedra e construíron un cruceiro nese mesmo lugar, sendo a cruz e o Cristo obra da señora Xosefa Pereira (LII)

NOTAS BIBLIOGRÁFICAS
XXV.- Cruceiros que teñen o capitel de forma troncopiramidal: cruceiro da Graña (Buriz), cruceiro de Xestoselo (Buriz), cruceiros da igrexa de Mariz (I) y (II), cruceiro do
S. Alberte (S. Breixo de Parga), cruceiro de Sta. Locaia de Parga, cruceiro de Bascuas (S. Salvador de Parga), cruceiro de Ferreira (Pígara), cruceiro do Pazo (Os Vilares), cruceiro de Reixas (Os Vilares), cruceiro de Verulfe (Os Vilares).
XXVI.- Cruceiros co capitel de forma cúbica: cruceiro de Riotorto (Buriz), cruceiro da Granxa de Monfero (Labrada), cruceiro do Mallo (II) (Labrada), cruceiro da Sta. Mariña (Sta. Mariña de Lagostelle), cruceiro da Fírveda (S. Xoán de Lagostelle), cruceiro do Pazo (S. Xoán de Lagostelle), cruceiro da Vila (S. Xoán de Lagostelle), cruceiro da pena de Lliboi (S. Estevo de Parga), cruceiro do pazo de Casanova (S. Salvador de Parga), cruceiro de Castiñeira (Pígara), cruceiro de Rebordiños (Vilar), cruceiro do Rego Pequeno (Os Vilares), cruceiros laterais do calvario dos Vilares.
XXVII .- A. Cruceiros co capitel de forma paralepípeda: cruceiro de Sandiño (Buriz), cruceiro de Negradas, cruceiro do S. Alberte (S. Breixo de Parga), cruceiro da igrexa (S. Salvador de Parga).
B. Cruceiros co capitel de forma cilíndrica: cruceiro do Mallo (II) (Labrada).
XXVIII.- Cruceiros ornamentados no capitel con volutas e querubíns: cruceiro de Riotorto (Buriz), cruceiro de Becín, cruceiro do Mallo (I) (Labrada), cruceiro do Mallo (II) (Labrada), cruceiro de Saa (Labrada), cruceiro da Fírveda (S. Xoán de Lagostelle), cruceiros da igrexa de Mariz, cruceiro do pazo de Casanova (S. Salvador de Parga), cruceiro de Verulfe (Os Vilares), cruceiro de Vilargabín (Os Vilares), cruceiro central do calvario dos Vilares.
XXIX.- Cruceiros decorados cun funículo: cruceiro da Fírveda (S. Xoán de Lagostelle), cruceiro da Vila (S. Xoán de Lagostelle), cruceiro de Trasparga.
XXX.- A. Cruceiros ornamentados cun colariño no capitel: cruceiro do Mallo (II) (Labrada), cruceiro de Saa (Labrada).
B. Cruceiros que amosan as ás dos anxos moi esquematizadas no capitel: cruceiro da Fírveda (S. Xoán de Lagostelle), cruceiro da Vila (S. Xoán de Lagostelle).
XXXI.- Cruceiros que amosan a súa cruz florenzada: cruceiro de Becín, cruceiro de Riotorto (Buriz), cruceiro de Bañobre (Labrada), cruceiro dos Castelos (Labrada), cruceiro da Loba (Labrada), cruceiro de Saa (Labrada), cruceiro do Toxiño (Labrada), cruceiro da Sta. Mariña (Sta. Mariña de Lagostelle), cruceiro da Fírveda (S. Xoán de Lagostelle), cruceiro da Vila (S. Xoán de Lagostelle), cruceiros da igrexa de Mariz, cruceiro de Negradas, cruceiros laterais do calvario da Sta.Cruz de Parga, cruceiro da igrexa (S. Salvador de Parga), cruceiro do pazo de Casanova (S. Salvador de Parga), cruceiro de Castiñeira (Pígara), cruceiro de Trasparga, cruceiro de Rebordiños (Vilar), cruceiro do Pazo (Os Vilares), cruceiro do Rego Pequeno (Os Vilares), cruceiro de Verulfe (Os Vilares), calvario dos Vilares.
XXXII.- GAY MÉNDEZ, Aurora.: Ob. cit., p. 162.
XXXIII.- ARRIBAS ARIAS, Fernando/ BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob. cit., páxs. 94 e 124.
XXXIV.- Cruceiros que presentan efixies na cruz: cruceiro de Becín, cruceiro da Granxa de Monfero (Labrada), cruceiro central do calvario da Graña (Buriz), cruceiro de Riotorto (Buriz), cruceiro do Mallo (II) (Labrada), cruceiro da Sta. Mariña (Sta. Mariña de Lagostelle), cruceiro da Vila (S. Xoán de Lagostelle), cruceiros da igrexa de Mariz, cruceiro de Negradas, cruceiro do S. Alberte (S. Breixo de Parga), cruceiro de Cercedo (S. Estevo de Parga), cruceiro de Sta. Locaia de Parga, cruceiro de Bascuas (S. Salvador de Parga), cruceiro do pazo de Casanova (S. Salvador de Parga), cruceiro da igrexa (Os Vilares), cruceiro de Verulfe (Os Vilares), cruceiro de Vilargabín (Os Vilares), cruceiro central do calvario dos Vilares.
XXXV.- A cabeza da efixie de Cristo inclinada ó lado dereito: cruceiro de Becín, cruceiro de Riotorto (Buriz), cruceiro central do calvario da Graña (Buriz), cruceiro da Granxa de Monfero (Labrada), cruceiro do Mallo (II) (Labrada), cruceiro da Vila (S. Xoán de Lagostelle), cruceiro de Negradas, cruceiro de Bascuas (S. Salvador de Parga), cruceiro de Vilargabín (Os Vilares), cruceiro central do calvario dos Vilares.
XXXVI.- Cabeza da efixie de Cristo inclinada ó lado esquerdo: cruceiro da igrexa de Mariz (I), cruceiro da igrexa (Os Vilares).
XXXVII.- As mans da efixie de Cristo aparecen pechadas: cruceiro central do calvario da Graña (Buriz), cruceiro da Sta. Mariña (Sta. Mariña de Lagostelle), cruceiro da igrexa de Mariz (II), cruceiro do S. Alberte (S. Breixo de Parga), cruceiro de Bascuas (S. Salvador de Parga), cruceiro de Verulfe (Os Vilares), cruceiro de Vilargabín (Os Vilares).
XXXVIII.- As mans da efixie de Cristo aparecen abertas: cruceiro de Becín, cruceiro da Granxa de Monfero (Labrada), cruceiro do Mallo (II) (Labrada), cruceiro da Vila (S. Xoán de Lagostelle), cruceiro da igrexa (I) (Mariz), cruceiro de Negradas, cruceiro do pazo de Casanova (S. Salvador de Parga), cruceiro da igrexa (Os Vilares), cruceiro central do calvario dos Vilares.
XXXIX.- O perizoma anoado ó lado dereito: cruceiro central do calvario da Graña (Buriz), cruceiro de Riotorto (Buriz), cruceiro do Mallo (II) (Labrada), cruceiro do S. Alberte (S. Breixo de Parga), cruceiro de Bascuas (S. Salvador de Parga), cruceiro do pazo de Casanova (S. Salvador de Parga), cruceiro de Vilargabín (Os Vilares).
XL.- O perizoma anoado ó lado esquerdo: cruceiro da Sta. Mariña (Sta. Mariña de Lagostelle), cruceiro da Vila (S. Xoán de Lagostelle).
XLI.- A efixie de Cristo amosa o pé dereito sobre o pé esquerdo: cruceiro central do calvario da Graña (Buriz), cruceiro de Riotorto (Buriz), cruceiro da Granxa de Monfero (Labrada), cruceiro do Mallo (II) (Labrada), cruceiro da Sta. Mariña (Sta. Mariña de Lagostelle), cruceiro da igrexa de Mariz (I), cruceiro de Negradas, cruceiro de Cercedo
(S. Estevo de Parga), cruceiro de Bascuas (S. Salvador de Parga), cruceiro da igrexa (Os Vilares), cruceiro de Verulfe (Os Vilares), cruceiro de Vilargabín (Os Vilares), cruceiro central do calvario dos Vilares.
XLII.- A efixie de Cristo amosa o pé esquerdo sobre o dereito: cruceiro de Becín, cruceiro da Vila (S. Xoán de Lagostelle), cruceiro da igrexa de Mariz (II), cruceiro do S. Alberte (S. Breixo de Parga), cruceiro do pazo de Casanova (S. Salvador de Parga).
XLIII.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob. cit., páx. 94.
RIELO CARBALLO, Nicanor.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, T.V, Ministerio de Cultura, Madrid, 1983, páx. 418.
XLIV.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob.cit. páx.54 e 124.
XLV.- SANTOS SAN CRISTOBAL, Sebastián.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, T. III, Ministerio de Cultura, Madrid, 1980, páxs. 251-252.
XLVI.- SANTOS SAN CRISTOBAL, Sebastián.: Ob. cit., páx. 70.
XLVII.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manauel.; Ob.cit., páx.60-63.
XLVIII.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.; Ob.cit., páx.26e46.
XLIX.- GAY MÉNDEZ, Aurora.: Ob. cit., páx. 160.
L.- SANTOS SAN CRISTOBAL, Sebastián.: Ob. cit., T. V, páx. 63.
LI.- D. Segundo Leonardo Pérez López é o director de "Estudios Mindonienses", Anuario de Estudios Histórico-Teológicos de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol.
LII.- ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob. cit., páx. 84.
Os mapas foron realizados polo delineante José Cancio Fernández e as fotos por Fernando Arribas Arias.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania