Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Oportunidades!

jueves, 20 de marzo de 2014
Non se trata dun saldo como cando un comercio quere desfacerse de mecadoría atrasada.
Trátase das oportunidades da vida.
Unha oportunidade para facer algo, dásenos moitas veces na vida. Unha segunda oportunidade dásenos de vez en cando.
Pero tamén é certo que a vida dá moitas oportunidades.

Neste caso trátase de que me deron máis de cincuenta oportunidades ó longo dun ano, para dá-la miña humilde opinión en Galicia Dixital, sobre diferentes temas que para min teñen certa importancia; e cónstame que para algunhas persoas máis tamén.

É probable que algunha persoa lera asiduamente o que me foron publicando os derradeiros cincuenta e dous xoves e de vez en cando algo máis relativo á Uned Sénior de Xestoso, da que tamén son alumna.

Sei dalgunha ou dalgunhas persoas que me len habitualmente. Sei doutras que o fan cando dispoñem dun momento na súa axenda. Sei doutras que o fan de cado en vez e doutras persoas descoñecidas para min que tamén len os meus artigos.

A todos quero mostrarlles o máis sincero agradecemento a través destas letras.

É ben certo que falo de cousiñas ben comúns á vida de calquera persoa galega, principalmente do medio rural; porque eu son unha muller da aldea e desexo seguir sendo ata o derradeiro día no que os meus restos mortais descansen no camposanto da parroquia que me víu nacer.

Ninguén elixe o lugar de nacemento nin outras moitas circunstancias persoais. Eso vennos dado sen consultarnos.
Pero non vén por casualidade; vén porque convén que así sexa según a lei do equilibrio universal.
Tamén é certo que as circunstancias condicionan ás persoas en boa medida.
A min cndicionáronme para ser como son. Nin máis nin menos.
E a vostede, supoño que tamén.
Pénseo a ver que conclusión saca...

Eu non sei ser doutra maneira nin tampouco o pretendo pola sencilla razón de que se quixera ser doutra maneira non sería eu mesma.
SER EU MESMA É ALGO QUE SEMPRE TIVEN MOI CLARO. Xa de pequena me dicían que era das miñas ideas.
Sendo unha nena fun ó Parador de Turismo de Ferrol, onde traballaba miña nai, e ó encontrarme a Sra Administradora de turno polas escaleiras e preguntoume con moita cortesía:

¿QUIÉN ES USTED?

Eu penseino algo e contesteille:

“YO SOY YO”

Xa de pequecha tiña as miñas conviccións e lévaos comigo a onde queira que vaia.
Unha razón é porque non podo cambialas; pero a razón máis importante é porque:

“ESTOU CÓMODA COMIGO MESMA E ESO DÁME MOITA PAZ INTERIOR QUE É PARA MIN UNHA GRAN RIQUEZA.”

Conste que non falo así por soberbia. Falo así por sinceridade comigo mesma en primeiro lugar e con vostede en segundo.

Penso que cada persoa ten os seus talentos e sexan moitos ou poucos, tense que amañar con eles.

Mañá fará un ano que empecei a publicar na sección de “Opinión” de Galicia Dixital os meus artigos do xoves que veñen saíndo puntualmente á nove da mañá.

Ofrecéronme a posibilidade de elixir o día da semana e pensei no xoves porque cando era nena oíalle á miña avoa dicir aquelo de:
“Tres xoves hai no ano que relocen máis que o sol: Xoves Santo, Corpus Christi e Xoves da Ascensión”.

Supoño que sería por esa razón pola que elixín os xoves.

Para ben ou para mal, pesan moito na miña vida as raíces dos meus antepasados.
Botei moitas horas das longas noites de inverno, no regazo dos meus padriños á carón do lume da lareira e aprendín as primeiras letras nun silabario á luz do candil.

Ós nenos de hoxe débelles parecer prehistórico; pero era o que tocaba fai sesenta anos en certos lugares –ou en case todos- do medio rural galego.

Os nenos que tiñamos avós, disfrutábamos escoitando contos, cantigas, oracións, refráns, adiviñas e historias de tempos pasados.
Eso si: “Todos tiñan unha moralexa”.

Nos anos que eu levo de vida, cambiaron moitas cousas.
Aínda que hoxe en día hai queixas por todas partes, coido que a evolución foi moi favorable.
Hoxe vin un vídeo da vida na Coruña capital do ano que eu nacín:
Por rúas empedradas, ambarradas e e poentas circulaba o tranvía polo medio dos viandantes que cruzaban por onde lles cadraba mellor.
Había poucos coches pero aparcaban encima das beirarrúas e en doble fila máis que agora. Víanse: seat 850, algún seat 1500, furgonetas Citroën 2cv, seat 600, dyane 6 e outros da época.

Cando vía estas imaxes, pensaba:

¡MOITO ADIANTOU A CORUÑA DESDE QUE EU NACÍN!

Certamente adiantouse moito; pero non fixemos máis que empezar e no tocante a valores, queda moito que mellorar.

Hoxe tamén estiven falando, amable e tendidamente, cunha rapariga adolescente.
A min tocábame darlle pautas de conducta para labrarse un futuro pometedor baseado nos valores cristiáns aplicados á vida cotiá.
Ela dábame clase de como utiliza-lo móbil e doutros temas de actualidade.
Foi moi enriquecedor. As dúas fixemos de mestras e máis de alumnas simultaneamente.

Os nenos de hoxe teñen moitos coñecementos e están preparados para entablar unha conversa con calquera.
Antes non tiñamos acceso á información e morríamos de vergonza cando tiñamos que falar en público.

Disfrutei por partida doble:

-Por unha banda penso que colleu ben a mensaxe que eu intentei transmitirlle o mellor que souben. Trataba sobre a relación cos pais e cos superiores.
-Por outra eu tamén me enriquecín coas súas ensinazas sobre tecnoloxía de móbiles e cancións do momento.

A vida é unha cadea que empezou hai millóns de anos e segue a súa evolución ata non sei cando...

O que si sei é que os humanos temos unha data de caducidade nesta terra e debemos aproveitar moito o tempo para empregalo en cousas importantes. É moi importante:

“SER FELICES E FACER FELICES ÓS QUE NOS RODEAN”.

Para ser felices é imprescindible estar a ben cun mesmo.
E para estar a ben cun mesmo cómpre desenrolar da mellor maneira posible as oportunidades que nos vaia presentando a vida.

Estar a ben cun mesmo, ten un prezo; pero estar a ben cos demais aínda é máis difícil, pero hai que intentalo.

Supoño que estará de acordo comigo en pensar que, na actualidade a vida é moi complicada e cada día complícase máis.

Pasa algo así como compara-lo tráfico de hoxe co de sesenta e cinco anos atrás.
Pero merece a pena porque o mundo precisa a nosa axuda para seguir evolucionando. Temos que colaborar todos porque xa din alí que un grao non fai graneiro, pero axuda ó compañeiro.

Eu pido que a ser posible, me dean moitas oportunidades máis para seguir coa miña faena.
Outro tanto pido para vostede porque para poder facer algo e preciso que nos dean a oportunidade de poder facelo.

Confiemos que a vida nos dea moitas oportunidades máis e cando se acaben, seguiremos pedido porque a mesma Biblia nolo recomenda:
“Pedidie e recibiredes. … Ó que teña daráselle máis e ó que non teña quitaráselle ata aquelo que teña” (Eso pasa por non pedir)

Daquela:
Por pedir que non quede.
¿Non lle parece?

¡OPORTUNIDADES¡

¡OPORTUIDADES E MÁIS OPORTUNIDADES É O QUE PRECISAMOS!

No próximo artigo ofrécesenos a posibilidade de “RENACER” cada día.
¿Que lle parece? ¿Será posible?
Claro que si. Xa verá.

Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Ata o vindeiro xoves!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES