Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Doutra condición

miércoles, 19 de marzo de 2014
Recoñezo que me empeza a pasar como Ismael Serrano cando dicía nunha canción que almorzaba con “noticias asesinas”. No meu caso, para almorzar teño unha boa compaña pero nos debates políticos sempre xorden argumentos que nos custan dixerir. Falo daqueles que nos din por un lado, que todo vai ben e, polo outro, que temos que seguir perdendo dereitos fundamentais pero que non nos preocupemos que estamos a piques de saír (o que non sabemos é cara onde).

Como se comprenderá, resulta difícil crer a quen ten a habilidade portentosa de contradicirse na mesma frase e o máis grave é que chega a un punto que empezas a ver a esta xente “doutra condição”, como naquela cantiga de Fausto.

Esta é unha sensación estendida por unha boa parte do noso pobo que sente o poder dunha clase dirixente incapaz de facer o exercicio empático de entender aos seus electores; lonxe deles, dedícase a decretar o seu desastre. Semella que hai axentes de poder dispostos a tomar as decisións unilateralmente sen escoitar a ninguén, esquecendo que son líderes democráticos e que, en democracia, “o pobo é quen máis ordena”. Non obstante, hai tempo que o pobo ordena máis ben pouco; ata o punto que se reduce o seu poder de decisión a unha papeleta electoral.

Isto parece moi perigoso, sobre todo tendo en conta que a clase política empeza a verse como o verdadeiro problema do pobo.

Se miramos ao noso redor, todo é desilusión e quizais o que nos salva do fracaso é ese cabreo que nos impulsa a actuar (quen nos dera que dentro de quince días empezara abril...); pero, a actuación desexada non chega e cando xorde algún que outro conato enseguida se apaga a súa luz. Con todo, a desafección pobo - dirixentes é unha realidade que está no aire que respiramos día a día. Cada vez son máis os que non queren o que eles queren e que asumen ser dunha condición que pode chegar a formar unha maioría.

Escoitando a Fausto un dáse conta que a cuestión é máis simple que un dato: trátase de que un día eliximos para vivir un estado social e de dereito que nos fixo ser da mesma condición. Polo tanto, se o pobo quere traballo, educación, sanidade e benestar ten dereito a ser gobernado por xente da súa condición capaz de darlle traballo, educación, sanidade e benestar en lugar dunha casta que decide, como dixo o meu Facundo Cabral, “hasta dónde debemos perder”.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES