Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comité de 'Sabios'

miércoles, 19 de marzo de 2014
Desde o Preguntoiro: Comité de “Sabios”

Segundo o Dicionario da Lingua Española, a definición de sabio é: instruído, erudito, culto, ilustrado, lumbrera... O digo por ese “Comité de Sabios” contratados polo Goberno para facer unha reforma fiscal. “expertos” pagados por nós para dicir o que o amo pensa. Estes días saíron a palestra cunha reforma moi perversa subindo o IVA, ou sexa, os parados, traballadores en precario, xubilados e millonarios subirannos os prezos dos iogures e pagaremos todos o mesmo.

Este “Comité de Sabios”, para que os lectores o entendan ben, non é nin máis nin menos: quítote tres, devolvo un e por riba temos que dar as grazas. ¿Sabios?... deixémonos de coñas mariñeiras dándolle estes título a unha panda de trileiros.

Non se pode deixar a lexislación sobre impostos a uns “eruditos trileiros” de despacho que descoñecen os problemas reais das rúas e desta maneira é imposible trocar nada, sempre inclinarán a balanza para os mangantes de sempre. Unha lexislación tense que facer pensando nas grandes fortunas, terratenentes, multinacionais e financeiros, todo isto nada se pode facer poñendo a estes “ilustrados” a dar consellos ao Goberno, persoas que xamais tiveron a desgracia de non chegar a fin de mes e pagar a estafa do recibo da luz.

Que non se vende un piso?: soben os impostos a ver se se venden máis. ¿A xente non consume, grazas aos soldos precarios e o paro desbocado como cabalos?: baixamos máis os soldos a ver si... ¿ Que se queima os montes?: collemos as motoserras, cortamos ás árbores e rematamos con incendios, todo solucionado. Ata o meu can ten máis coñecemento que estes “cultivados trileiros”.

Xa estamos no ecuador da lexislatura, pois ímola andando que festa vai boa. Temos os galegos un refrán axeitado para estes “sabios”: “onde non hai fariña nin relón, todos falan sen razón”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES