Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que é un parado?

jueves, 17 de noviembre de 2005
Un parado, ou unha parada, é unha persoa que non da atopado un posto de traballo co que poder sosterse e soster a quen del ou dela depende, e realizarse como profesional e como persoa.

Un parado ou unha parada é unha persoa que, aínda traballando algún tempo, nin pode vivir do seu traballo, nin realizarse, nin contribuir axeitadamente ó sostemento de quen dependa del.

Esta é a denominación ou concepto normal dunha persoa aqueixada polo gravísimo, actual e frustrante problema do paro. Este é o criterio, escrito ou non, que se segue en Galicia para entender cando un galego ou unha galega están no paro.

Pero, coma sempre, de Galicia a Madrid hai moito máis que cincocentos kilómetros, e Madrid -ou sexa, o goberno do estado- ten o criterio de que "Parado" é o que non traballa nada, e empregado ou ocupado (coas variantes femininas incluídas), é aquela persoa que traballa de forma retribuída unha hora por semana.

Con arreglo a eses criterios, en Galicia todo se trastoca e pasamos de ter no paro o 13,6 por cento da poboación activa a ter o 8,65%, resultado dese criterio que ven constituir unha operación de maquillaxe propia das mellores clínicas especializadas.

As cifras varían mesmo nos estudios sobre o paro, feitos uns sobre enquisas telefónicas -moitos parados non teñen teléfono- e outros con arreglo ós datos do Inem, e así en setembro en Galicia, según a enquisa de poboación activa o paro descendeu en 26.500 persoas, e nos datos do Inem subíu 31.500.

Todo o mundo sabe o que é un parado e unha parada. Menos os que non queren saber. Posiblemente algún espabilado dos que mandan no Ministerio de Traballo, en Madrid, acaba de enterarse daquel vello xeito galego de non ver as cousas: "Non sei, non quero saber, e teño raiba de quen saiba".

E púxoo en práctica en contra de nós. Porque, claro, a menos parados, menos atención, menos axudas... ¡Menor problema!. Para eles. Para nós, problema agravado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES