Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Embates mariños e xudiciais

lunes, 17 de marzo de 2014
Os aínda recentes embates do mar contra das costas lucense e coruñesa poñen de evidencia a potencia da natureza reivindicando o que lle pertence, pola teima dos humanos por arrancar do mar superficies que amplían os nosos dominios naturais.

Nestas “cicloxénesis explosivas”, “mal tempo” para as nosas xentes, o mar actúa como un martelo dos deuses, de xeito que golpe a golpe, vai chegando cada vez máis lonxe, petando nas pedras, movendo obxectos que parece imposible que se movan, derrubando muros chamados a durar séculos, invadindo terreos que nunca coidaron ser inundados.

Esto é posible porque día e noite, hora a hora, minuto a minuto, a forza do mar faise patente para mover estructuras que sempre nos pareceron inconmovibles.

E ver as ondas “que grandes son” (dixo o poeta medieval) abatíndose contra as costas, arrasando todo o que atopan ao seu paso, fíxome pensar que do mesmo xeito os embates legais, e os consecuentes embates informativos, poden facer conmover e mover o noso mundo, tal como o coñecimos ata agora.

Do mesmo xeito que a crise económica e social está obrigando a inventar novos xeitos de administrarse, a crise que provocan as accións legais no mundo político, no entramado das operacións en marcha, teñen que ir ablandando estructuras sociais que coidabamos firmes e duradeiras.

Seguimos rexistrando, día a día, como se fosen as ondas dun mar embravecido, os embates informativos, aos que os implicados e os seus avogados intentan poñer barreiras, pero estas acaban por ser derrubadas pola forza da natureza, neste caso das leis, axudadas por amplas, fondas e científicas investigacións con resultados demoledores.

Só nunha das operacións, oitenta persoas están agardando polo resultado das investigacións... En tanto, as investigacións seguen. As cicloxéneses explosivas son perigosas pola insistencia. As investigacións xudiciais, tamén. E estas últimas, visto está, son moito màis letais. Estamos abraiados polos ataques do mar. Esperemos a ver o resultado dos procesos en marcha. Teñen que ser moito máis impactantes. E demoledores. Para recobrar a paz.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania