Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ourizos de mar

viernes, 14 de marzo de 2014
Equinodermos de exquisito sabor, presencia pouco atractiva e engorrosa manipulación, infravalorados por uns e moi apreciados por outros, os ourizos considéranse dos alimentos mariños que mellor poden disfrutarse sen elaboración previa nen aliñamento que desvirtúe o gusto.

Viven en fondos de farallóns e aliméntanse de algas, daí que saiban tanto a mar. Julio Camba, no libro “La Casa de Lúculo o el arte de comer”, dí: “o ourizo é un extracto de mar, un hálito de borrasca, unha esencia de tempestades”.

O que comemos neles son as glándulas xenitais, de color amarelo alaranxado; a preparación adoita ser simplemente cocido; pero ofrece outras posibilidades culinarias ás que cada día acceden mais persoas que senten curiosidade por unha cociña imaxinativa e que atopan neles novas e moi satisfactorias experiencias.

Ao permitir a conxelación, en calquera época poden facerse revoltos, que con gambas ofrecen un singular sabor, servindo de base para salsas que en casos, como acompañando ao rape, forman un prato exquisito; e un paté de ourizo traslada ao pan todo o sabor do mar...

No noso contorno o “oricio”, como eles chaman, ten especial aceptación entre os asturianos e acompaña moi ben ós “culines” de sidra, esa gran bebida natural, fresca, diurética, compañeira inseparable da ampla pitanza nas gozosas “espichas”.

No litoral focego, dende A Ronqueira aos castelos de San Pedro en Cangas abundan os ourizos; na zona atópase a pena Ouriceira, de nome alusivo ó feito. Según os biólogos, o ourizo é especie delicada. Cada exemplar tarda cinco anos en conseguir talla comercial; é decir, facerse adulto e desovar ao menos unha vez. Isto fai que, para a recuperación dun banco esquilmado, sexan necesarios ao menos dez anos e, para melloralo e amplialo, outros cinco. Esta evidencia esixe severas restricións na captura, sen ´concesións á demagoxia de políticos irresponsables.

O ourizo de mar, que agora mesmo está en sazón para o consumo, é un manxar singular, exquisito, de sabor non equiparable, merecente dos cuidados e atencións precisos para a súa pervivencia: é un luxo a conservar e disfrutar.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES