Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dúas caras da mesma moeda

sábado, 15 de marzo de 2014
O día oito de marzo é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, pero na Uned Sénior de Xestoso, este ano celebrámolo o día 11 por razóns de organización interna.

Facémoilo cun encontro de tódolas aulas da Uned Sénior na parroquia de MOMÁN que pertence ó concello de Xermade na provincia de Lugo.
Alí, co noso Coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño e cos nosos benqueridos Profesores; todos xuntos, facemos unha serie de reflexións en torno á celebración que nos une.

Eu como muller e como alumna da Uned Sénior de Xestoso na aula de PADERNE (A Coruña) tamén quero face-la miña humilde aportación, sobre algúns aspectos:

Homes e mulleres, mulleres e homes ...

¿Non somos todos persoas?

¿Concíbese unha humanidade onde non haxa persoas de ámbolos dous sexos?

¿E un home máis importante que unha muller ou unha muller máis importante que un home?

¿Non somos todos enxendrados da mesma maneira?

¿Non nacemos todos do mesmo xeito?

¿Non temos todos unha nai e un pai?

Eu nunca comprenderei por que a humanidade foi facendo discriminación de sexos ata chegar á situación actual.

Tampouco comprendo por que ten que haber un día internacional da mulller e non un día internacional do home.

¿Non estamos ambos representados no DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS?

Penso que nunha sociedade civilizada xa vai sendo hora de que nos sintamos como dúas caras da mesma moeda.
Unha moeda, non é moeda se non ten unha cara e unha cruz. Pois coa humanidade pasa o mesmo; todos somos persoas.

E para os que nos chamamos cristiáns deberíamos pensar que viñemos a este mundo cun determinado sexo para cumprir unha determinada misión igualmente importante, que desde sempre estivo na mente do Creador.

Pero unha cousa é pensar e outra actuar.
Para pensar útilizámo-la lóxica, a capacidade de razoar; pero á hora de actuar …

¿Qué utilizamos?

¿Por qué se fai discriminación no mundo laboral dependendo do xénero da persoa traballadora?

Hai traballos que son propiamente masculinos e outros propiamente femininos; pero tamén hai outros que se poden realizar independentemente do sexo ó cal se pertenza.

Os trabalos nin masculinizan, nin feminizan; sencillamente dignifican á persoa que sabe realizalos correctamente con amor e responsabilidade.

¿Por qué se dan casos de ter un soldo diferente por un mesmo traballo según que o realice un home ou unha muller?

¿Ten algún sentido como non sexa discriminar?

¿Facemos un mundo máis feliz discriminando?

A min eso non me cabe na cabeza.
Non entendo por que se tivo que chegar a esta situación.

Celebramos este día para reivindicar ¿Qué?
¿O traballo e tamén os traballos das mulleres, que son tan antigos como a historia da humanidade?

¿Qué terá que facer a muller para que se lle recoñezan?

Nestes tempos estamos asistindo a manifestacións que nos indican que algo non vai ben.
A min dáme moita pena e a veces sinto vergonza allea que se teña que chegar a semellantes extremos.

Eu sei que é posible unha convivencia harmoniosa e saudable nas relacións entre persoas de diferente sexo.
De feito eu sempre estiven rodeada de cabaleiros cos que me sentín e me sinto moi cómoda.

Nos matrimonios que trato tamén se dan unhas relacións moi humanas e síntome moi cómoda na súa compañía.
Admiro os homes que saben como tratar ás mulleres e viceversa.
Admiro ás persoas que saben portarse como persoas sexan do sexo que sexan.

¿Por que hai persoas que non saben comportarse?

Quero pensar que ninguén o fai por maldade, máis ben debe ser cousa de educación. A educación é fundamental para todo.

O ideal é que a persoa sexa educada desde a máis tenra infancia para convivir sabendo o lugar que ten que ocupar en cada circunstancia da vida: como amiga, como compañeira, como parella, como xefa ou como subordinada.

Algún día chegará en que sexa así.

Mentres tanto seguirmos celebrando este día para concienciar e sobre todo para dar exemplo ás xeracións que veñen detrás.
Na Uned Sénior temos unha gran responsabilidade que cumprir, porque sómo-los maiores e estamos no punto de mira de todos cantos son máis novos que nós.
Por eso temos a obriga de se-lo mellores.

E ímolo intentar con tódalas nosas forzas porque a humanidade necesítanos urxentemente.

(MERCEDES CACHAZA PLATAS é alumna da Uned Sénior de Xestoso
Aula de PADERNE-A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES