Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rey de Viana

miércoles, 16 de noviembre de 2005
Daba gloria ver nos anos sesenta o espectacular ballet Rey de Viana, iniciativa particular de José Manuel Rey de Viana e Victoria Canedo, que obtendo materia prima do folclore popular transformou en ballet e levou polos escenarios de todo o mundo unha Galicia irreal pero fermosa, dignísima representación plástica dun país carente de ledicias.

Para moitos galegos, aquelo non era folclore. Pero o Ballet Gallego non pretendía facer folclore senón -partindo do folclore- universalizar a mensaxe e traducila a tódolos públicos; ós públicos de todo o mundo.

Resultaba patético ver a Rey de Viana en folga de fame por non ser comprendido polo seu patrón, a Deputación Provincial da Coruña, que acollera aquela iniciativa.

O Ballet cambiou de patrón que o acollese e apoiase, e pasou a depender da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

E ahi residiu dous, tres quinquenios... Morreu José Manuel, quedou Victoria, que era o símbolo, a coreógrafa, a alma mater. Mater.

O Ballet resistiu tempos e cambios, e formou parte da programación cultural xacobea... e chegou á época do cambio coidando ter un lugar no mundo cultural novo que amence para Galicia.

E, de repente, a Conselleira de Cultura destitúe a Victoria Canedo, que por natureza é indestituible... porque non comparte "a idea que ten da danza o novo goberno galego".

Agardamos polo desenvolvemento desa idea que non coincide coa de Victoria, e lamentamos que xa non valla, tamén, a idea de Victoria Canedo, que foi vixente en Galicia durante medio século.

Rey de Viana xa é historia. E con el, Victoria Canedo. E con eles, o Ballet Rey de Viana. El, por ternos deixado. Ela, por non estar ó día. E o Ballet, porque sen eles nunca será o mesmo. Lástima.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES