En cada pinga de auga
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 10 de marzo de 2014
Ata o lagarto que estaba escangallado ó sol deixa que as gotas de chuvia lle caian sobre o seu lombo. Por fin chove. E en cada pinga de auga vai o suspiro dun gandeiro, o soño dun agricultor.
Sábese que o que está a chover non vai solucionar nada (porque axiña volverá o sol), pero sentir tan só ese cheiro a terra mollada é coma unha alegría interior semellante a cando escoitas unha boa obra musical clásica.
Logo duns minutos e tras a euforia, o lagarto bota unha carreiriña para acubillarse debaixo dunha gran pedra. Logo ponse a mirar cómo as herbas se van enchoupando, empapando.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora