Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noraboa!

viernes, 07 de marzo de 2014
Na vida hai días moi especiais nos que un acontecemento te enche de ledicia. Tal é o caso cando superas con éxito unha intervención cirúrxica.

Era no ano 2006 cando, tal día como hoxe, un experto cirurxián e excelente persoa conseguiu sacarme un nódulo de nada máis nin nada menos que de once centímetros de diámetro dun lugar bastante estreito do corpo humano.

Cando o cirurxián me visitou na U.C.I., díxome que tivera que baleiralo para poder sacalo.
Eu tiven ocasión de velo porque unha amiga da alma, -amiga miña e amiga tamén do cirurxián- foi a encargada de levalo a analisar e veumo ensinar ó pouco de saír do quirófano, cando eu despertei nunha cama da U.C.I.

Dito sexa de paso: ter unha amiga da alma é todo un luxo.
Desde que pasou á outra vida, está intercedendo moi intensamente por min e teño para ela un recordo moi especial en moitas ocasións, especialmente cando teño que volver ó quirófano.
(Ó lembrala, non podo evitar que me saian as bágoas...)

Estou convencida de que vostede tamén ten algunha persoa amiga da alma e sabe de que lle falo. Seguramente que lle virá á memoria esa persoa ou persoas. É unha fortuna encontrarse con elas no camiño da vida.

Tamén teño que dicir que na U.C.I. sentinme como unha raíña.
Nunca na miña vida tiven tantas atencións.
É de admirar e agradecer a entrega do persoal sanitario cando te encontras alí.
Visítante de cada cinco minutos e están ó tanto en todo momento da túa evolución.
Fan un servizo de vital importancia á sociedade, día e noite, as vintecatro horas do día e tódolos días do ano.

Volvendo ó meu caso, direille que se trataba dun problema de tiroides que empezou a medrar de tal xeito que ía presionado o meu esófago e non me deixaba degluti-los alimentos; ó mesmo tempo que me presionaba a tráquea dificultándome moi seriamente a respiración.

O problema debía de ser bastante serio porque acudín a varios cirurxiáns e ningún me quería poñer a man encima ata que atopei cunha cirurxiá amiga e moi boa persoa que me desenganou e encomendoume ó mellor dos especialistas para aquel caso.

Acudín ó citado especialista e tampouco mostraba ningún interese por resolverme o problema. Dicíame que tiña moitas en contra: que se podía quedar sen fala, que se esto que se non sei que...

Eu, que me estaba quedando sen alento e cansada de percorrer consultas e máis consultas, -ata tres cada día-; soltei a paciencia e cun estruendoso puñetazo na mesa díxenlle ó doctor:

“¡HE DADO MIL VUELTAS AL ASUNTO Y PASE LO QUE PASE, CIERRO LOS OJOS Y DECIDO QUE SERÁ USTED QUIEN ME OPERE!”
(Aínda non entendo moi ben por que, pero xeralmente fálolles en castelán a case tódolos médicos. Eles tamén me falan na lingua de Cervantes e daquela…)

Non fixo falta repetirllo, mirou no ordenador como tiña a axenda e ó instante díxome:

“¡EL DÍA SEIS DE MARZO!”
(Fai hoxe anos)

-Vale, respondinlle eu. Ese día –hace años –que murió mi abuelo y en este hospital le han diagnosticado un tumor cancerígeno a mi hermano que lo ha llevado a la tumba; pero… ¡Adelante!

A intervención saíu moi ben e -en mostra de agradecemento- escribinlle un poema ó cirurxián que debía pensar que eu era unha fiera; pero resulta que me quedou tan agradecido que me dixo que fora O MELLOR REGALO QUE RECIBIRA NA SÚA VIDA.

Desde entonces vímonos moitas veces porque resultou que eu son alérxica ós puntos de seda cos que el me dera unha morea de puntadas para cose-lo oco que deixara aquel nódulo enorme, e o problema deu lugar a varias intervencións máis…

Tamén deu bastante que pensar ó ciruxián e máis a min; pero a día de hoxe o problema está completamente resolto e o meu medio tiroides segue mantendo as miñas constantes de tiroxina e todo vai perfectamente ben.

¿Por qué lle conto todo esto?

En primeiro lugar porque estou feliz e quixen comparti-la miña alegría con vostede.
Entre outras moitas cousas eu podo escribir e vostede pode lerme porque seguimos ó pé do cañón.

Cando me ofreceron a posibilidade de colaborar nesta sección de Galicia Dixital; propúxenme que sería sempre en positivo.
Aínda que se trata dun tema delicado, considero que é moi positivo ter resolto un problema desa talla.

En segundo lugar porque pode ocorrer que vostede pasara por algunha experiencia parecida e sei que me comprenderá.
Sei que comprenderá a miña desesperación cando me decatei que me estaban dando largas e máis largas porque para eles era máis importante o seu prestixio profesional que a miña vida.
Por eso me vin obrigada a dar un peñetazo na mesa da consulta. ¡E ben dada que foi!

En terceiro porque debemos mostrar o noso agradecemento ó colectivo do persoal sanitario porque son eles quen nos devolven a alegría de vivir cando o problema está ó seu alcance.

A saúde é o ben máis importante que temos e cando esta se resinte, son os médicos os que nos poñen remedio aínda que non sempre acerten poque son humanos e máis porque os seus coñecementos son limitados.

Os pacientes tamén somos seres humanos, tamén somos limitados e tamén cometemos máis erros dos que queremos.

A min pásame moitas veces.

¿A vostede non lle pasou nunca?

Se non lle pasou nunca é porque vostede é a excepción que confirma a regra.
¡Parabéns!
En calquera caso vaia con tino porque neste mundo, o que non cae, un día ou outro pode esvarar.

Pero unha cousa está clara: “O QUE SE SABE DE MEDICINA, SÁBENO OS MÉDICOS” Son uns profesionais que fan moito ben á humanidade e debemos recoñecelo.

Certo que tamén existe a medicina alternativa que en certos casos tamén dá bos resultados.
E hai veces que todo é pouco

Quero dedicarlle estas letras a todos aqueles profesionais da Medicina que sofren e se desvelan por devolve-la saúde ás persoas enfermas que lles son encomendadas.

Tamén quero darlles moitos ánimos a todas aquelas persoas que estudian medicina nas súas diferentes especialidades; e de modo moi especial os que se dedican á investigación, porque as enfermidades raras medran como a mala herba e cada día son maiores os esforzos que hai que facer para atallalas.

Tamén pediría que os poderes públicos non regatearan esforzos para a investigación, adxudicando máis presuposto para a medicina e menos para armamento, aínda que este último dea máis beneficios económicos.

A saúde non hai cartos que paguen e os bos especialistas, tampouco.

¡E como non!

QUERO UNIRME A TÓDALAS PERSOAS QUE PASARON APUROS Ó IR Ó QUIRÓFANO PERO QUE –grazas ó bo labor profesional de persoal sanitario de talla- PODEN DISFRUTAR DESTE BEN DE VALOR INCALCULABLE QUE É A VIDA SAUDABLE.

¡Por moitos anos!

¡Noraboa para todos cantos fan posible a calidade de vida!

E se vostede sempre disfrutu de boa saúde:

¡NORABOA!

É unha persoa moi pero que moi afortunada.
Siga así ata que eu lle mande novo aviso.

Como se armou de paciencia para ler este artigo sobre unha experiencia importante para min; voume toma-la liberdade de adiantarlle o título do vindeiro xoves porque fomos varias as persoas que nos vimos gratamente sorprendidadas por unha “CONDUCTA EXEMPLAR” e pode que a vostede lle interesse saber de que se trata.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES