Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Investir en xustiza, servizo e amor

lunes, 14 de noviembre de 2005
Os problemas das sociedades humanas (tanto no eido político, social e cultural coma no relixioso) teñen a súa orixe nas graves e escandalosas desigualdades (mesmo estructurais) que reinan no mundo e levan á inxustiza, aos egoísmos e ao desamor. A gran riqueza da diversidade e do pluralismo tiñan de encamiñarnos cara a desexada unidade e igualdade. Segue a ser a cuestión pendente no mundo occidental. Hai exemplos (Paris, Madrid, Marrocos, Bagdag, etc.). Sempre como fondo, o problema Europa/África.
 
Nun ambiente demasiado tenso/crispado, (na Sociedade e na Igrexa), chéganos o regalo da Palabra de Deus na mensaxe da coñecida (pero pouco acollida e asimilada) parábola dos talentos. Trátase de sermos conscientes da riqueza da que fomos investidos e de pór a funcionar a nosa rica e intransferible vida que se nos dou gratis e cunha manchea de dons/valores. Bo momento para dispórmonos a compartir cos irmáns/ás o mellor de cada un de nós. Comezando a demostralo na propia casa, familia, traballo, vida enteira.

A vida é esforzo, loita, carreira, movemento. Por iso é vida. (Non somos parásitos). A vida déusenos para vivila, compartila, gozala. Podemos engrandecela ou estragala. Con máis/menos erros ou acertos, estamos a entregala de moitos xeitos. Para o ben ou para o mal. Para gañar diñeiro ou facer dietas ou para entregala ao servizo dos demais. Para vivir en plenitude, ou para ir esmorecendo de aburrimento e/ou mesmo morrendo.

Todos e cada un de nós fomos agraciados cunha manchea de talentos, dons, cualidades,  capacidades… ¡Verdadeiras marabillas!. ¿Por qué non facemos a proba de elaborar un listado de todo o mellor que hai e atopamos en nós, tanto no que se nos deu gratis coma no que fomos acadando perante a nosa vida?. O don fundamental é o da vida donde deben fructificar o amor, raíz e fonte dos demais. Somos fillos da luz e comportámonos coma fillos das tebras, da intolerancia, da apatía e o desánimo. Cústanos entender que ante un mundo individualista debamos compartir o que somos e temos. Traballar pola igualdade é o noso compromiso co Mundo (a Casa de todos/as). Traballar pola paz, a xustiza e a igualdade é ir á procura de oportunidades para todos/as.

Os talentos déronsenos para o noso servizo e o dos demais. Hoxe en día non nos serven as disculpas (tan habituais na nosa terra) reflectidas nas frases seguintes: "eu non sei, sonche da aldea, non valio, non entendo" (Segue de moda o "non" para evitar o compromiso). Ou aqueloutras: "que falen os que saben, alá os governantes (para iso lles pagamos), doctores ten a a Igrexa…". Cómpre deixar de vivir de prestado, ou de rentas.

Por aí pode ir a reflexión deste domingo. E empezar xa a tirar algunhas conclusións desde hoxe mesmo. Se se debe governar desde as rúas…ou desde os parlamentos!?
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania