Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arte contemporánea galega

miércoles, 05 de marzo de 2014
Arte contempornea galega O alumnado da Uned Sénior de Xestoso xunto co seu Coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño, trasladouse á Coruña capital o día 25 de febreiro para visitar dúas exposicións de arte cotemporánea:
Unha de fotografía na Fundación de Nova Galicia Banco, titulada: O BODEGÓN OCULTO que trataba da naturaza morta na arte contemporánea.
Outra sobre arquitectura contemporánea na fundación Pedro Barrié de La Maza, Conde de Fenosa sobre a obra de RAFAEL MONEO.

Xa dentro do primeiro inmoble –onde nos recibiu o noso Profesor D. Felipe Senén López- poidemos observar como se trataba dun edificio totalmente remodelado e ben acondicionado para este tipo de eventos.

Alí puidemos contemplar -ó mesmo tempo que escoitábamos as sempre sabias e maxistrais explicacións do Profesor- cadros de artistas tan destacados neste estilo como:

-ALFREDO SOTO, pintor realista.
-FRANCISCO LLORENS: buscador de caamiños.
-CARLOS MASIDE: na proocura da curva.
-ARTURO SOUTO, fillo de Alfredo Souto: expresonista.
-URBANO LUGRÍS: O pintor máis cotizado actualmente. Significa para Galicia o que Salvador Dalí para Girona (Catalunya).
Pinta temas relacionados co mar.
-ATONIO TENREIRO: ademais de pintor tamén é arquitecto. É o autor da Fonte das Pajaritas.
-MANUEL PREGO: ourensán que ademais é tamén periodista. Pero como era republicano e tocuoulle vivi-la guerra civil, orientouse á pintura impresionista.
-LUIS MOSQUERA: facía retratos á burguesia. ten un estilo moi coidado, moi clásico
-CARMEN LEGÍSIMA: pintura naif.
-MARÍA VICTORIA DE LA FUENTE: humanista.
-ANTONIO FERNÁNDEZ GÓMEZ; contemporáneo de Picasso.
-JORGE DEL CASTILLO, pontevedrés e xenro de Malboro que o “situou ben” e eso deulle prestixio
-ALEJANDRO FERNÁNDEZ: escritor e pintor que xoga coa luz e côa sombra.
-MANOLO VILARIÑO: o número un en Nova Iork.
XOSÉ DE DIOS MARTÍNEZ, vinculado con personaxe dstacados do grupo Nós
-LUIS SEOANE: exiliado político en Bos Aires. Foi o creador de Sargadelos e o Castro xunto con Isaac Díaz Pardo. Emprega o estilo cubista.
-LUIS CARUNCHO: coruñés que vive em Madrid. Moi xeométrico. Constructivista.
-JULIO PPRIETO NEGREIRA. Dedícase ó grabado. Te unha sala adicada a el no Museo Provincial de Lugo.
-MANUEL QUINTANA MATELO: profesor compostelan que combina a arte antiga coa moderna dando lugar á contemporánea.
ANTÓN LAMAZARES: É o lalinense máis cotizado na actualidade. O seu cadro das perdices, provoca a atención do espectador.
-E outros como: JOSÉ FRAU, TINO GRANDÍO, JOAQUÍN GARCÍA GESTO, BEATRIZ REY...
E Dodra que non ten nada exposto alí pero estaba de visita e o noso profesor tivo a oportunidade de intercambiar unhas palabras con ela ó mesmo tempo que nola presentaba.

Todas estas persoas teñen unha capacidae especial no tocante á sensiblidade para crear arte.
Son capaces de extraer da natureza morta a esencia que lles dá o seu poder creativo.

Esta maneira de ve-la pintura xa empezou a remates do século XVI cando os artistas pretendían impresionar ó púbico a través da ostentación e da súa mestría artística.

Arte contemporánea galegaDurante os séculos XVII e XVIII considerábase como un xénero menor; pero hoxe en día permite combina-la liberdade expresiva desde o universo da intimidade e o cotián, onde tamén se manifesta unha certa carga emocional do artista como puidemos comprobar o percorre-la exposición. Sendo todos dun mesmo estilo, non había un cadro igual que outro

A continuación dirixímonos á Fundación Pedro Barrié de La Maza onde puidemos contemplar unha exposición sobre a traxectoria profesional de RAFAEL MONEO, un arquitecto de prestixio universal que comezou a súa carreira pertencendo á “ESCOLA DE MADRID” e participando en diferentes obras:
-No Concurso para a Ópera de Madrid.
-Na Fábrica de Transformadores de Diestre.
-Na Casa Gómez Acebo.
-Nas Escolas de Tudela.
Na ampliació da Praza de Touros de Pamplona.
-No proxecto do Obradoiro que o levará a Roma.

En 1970 ingresou na Cátedra de Elementos de Composición na Escola de Barcelona para seguir:
-Coa súa intervención na remodelación do Casco Antigo de Zaragoza.
-No bloque residencial Urumea.
-Na remodelación do centro de Éibar.
-E no Concello de Logroño.

Pero, sendo fiel ó seu afán de superación, solicitou un ano sabático durante o curso 1976-77, nas Escolas de Barcelona a petición de Peter Eisenman para acudir ó Instituto de Arquitectura e Estudios Urbanos de Nova Iork que lle abriu novas espectativas intelectuais.

En 1980, deixou Barcelona para instalarse en Madrid e facerse cargo da Cátedra de Composición en Madrid e seguir en contacto con Nova Iork.

Tamén deixpu a súa pegada noutros edificios tan destacados como:
-No Banco de España en Madrid.
-En Previsión Española en Sevilla.
-No Banco de España en Jaén.
No Museo Nacional de Arte Romano en Mérida, que foi visitado polo Alumnado da Uned Sénior de Xestoso no ano 2013.

E como Director do Departamento de Arquitectura en Harvad, colaboraou:
-Na ampliación de Atocha, que tamén visitou recentemente o alumnado da Uned Sénior.
-Na Illa Diagonal de Barcelona.
Na ampliación do Museo do Prado.
E ultimamente no Edifício de Laboratórios da Universidade de Columba.

Ter unha exposición así nunha cidade como A Coruña, é un privilexio para os Estudiantes de Arquitectura e uha fonte de coñecemento para o pobo en xeral.

Que tódolos autores dos que falamos, teñen moita relevancia para a cultura, para arte e para a economia dun país; ninguén o pon en dúbida.

O que si se podería poñer e dúbida é que uns labregos anciáns do rural galego tiveran acceso a eses coñecementos; pero este comentario deixa consancia de que unha aula da Uned Sénior no rural galego, é unha porta aberta á cultura galega e tamén á universal.

E non só eso. É tamén un manancial de experiencias e de coñecementos para as súas familias e para a sociedade en xeral.

Mellora a autoestima do pobo galego, dignifica a súa lingua e afianza a súa idiosincrasia.

Dicir tamén que tal día como o 25 de febreiro de 2014, a media tarde, ambas fundacións estaban desertas o que significa que de non ser polo alumnado da Uned Sénior de Xestoso ben pderían dá-la tarde por perdida a nivel de enriquecemento cultural e intelectual.

A entrada era gratuita igual que se duns grandes almacéns se tratara, pero moito me temo que estes últimos non estarían desérticos.

Cuestión de prioridades e máis de intereses culturais.
Queda claro que cada un maniféstase según a súa culura.

(Mercedes Cachaza Platas é Alumna da Uned Sénior de Xestoso. Aula de PADERNE-Centro Asociado de A Coruña.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES