Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ciumes

lunes, 14 de noviembre de 2005
Os ciumes entre pesoas son inherentes a moitas relacións (amorosas), e mentras moita xente considera que veñen aportar viveza a calquera situación, outros moitos consideran que son producto da inmadureza e de problemas graves na relación.

Cando esto ocorre entre colectivos, entre dirixentes de colectivos, non é bo síntoma. Nin para os colectivos nin para os seus dirixentes.

O problema está entre Pontevedra e Vigo, e entre A Coruña e Santiago. Ciumes que nesta ocasión se manifestan pola creación por parte do Poder Xudicial de cadanseu xulgado do Mercantil.

Neste caso, a decisión xudicial está en crear xulgados en Pontevedra e A Coruña. Pero visto desde Vigo e Santiago, estímase que tal creación faise en detrimento dos dereitos das cidades que non son capitais de provincia. E, como é lóxico, nin os rectores de Pontevedra nin os de A Coruña están de acordo.

E xa está organizado o problema, porque a Xunta vai reclamar un Xulgado do Mercantil para Vigo, e estudiará que decisión adopta en relación co de Santiago.

Os munícipes afectados non permanente calados, a pesar de ser da mesma -ou achegada- cor política: Bng, o de Pontevedra; e Psoe, o coruñés.

E mentras o de Pontevedra se axusta medianamente ós usos e costumes da política, o alcalde coruñés -fiel sempre ó seu talante- proclama ós catro ventos o seu malestar e menciona a petición de consellerías -outra vez- como posible consecuencia do desacordo no tema dos xulgados.

O argumento utilizado por Vázquez -xulgados no mesmo lugar onde radican as audiencias provinciais- parece en principio correcto, pero tamén se entende que os límites e estructuras provinciais poden precisar cambios nos tempos que estamos a vivir.

Pero os ciumes están ahí. E se entre humanos os ciumes xorden cando hai amor, os ciumes neste caso xorden entre os defensores naturais das súas respectivas institucións, vencellados entre sí porque as decisións da Xunta proceden dun Conselleiro que é da mesma forza política ca os alcaldes da Coruña e Santiago, e foi algo así como o segundo de a bordo do alcalde coruñés.

Entre Vigo e Pontevedra (e Santiago), o problema non é tan complicado (PP-Bng-Pasoe), pero tamén ten o seu aquel.

Os ciumes parece que se solucionan afianzando as relacións, e con probas de amor verdadeiro. Neste caso, por ser cousa de tres, ¡que difícil é esto do amor (político)!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES