Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cuerdas

miércoles, 05 de marzo de 2014
Hai máis ou menos quince días Pedro Solís gañou o Goya á mellor curtametraxe de animación. Cuerdas é unha historia que chega ao corazón, chea de humanidade que nos demostra que os límites humanos pódense rachar con emocións. Emocións coas que moitas veces logramos comunicarnos polos ollos e conectar mentes e xeitos de pensar alén do medio verbal.

A historia amósanos cómo a imaxinación pode adaptar o xogo infantil a calquera circunstancia para seguir sendo neno máis alá dos límites impostos. Pero realmente, a historia conta moito máis. Conta cómo os ollos da infancia son capaces de naturalizar a diversidade sen máis obxectivos que buscarlle solución para poder xogar ao de sempre. Nos ollos infantís o non poder non existe porque a imaxinación cubre todos os límites; entón, empeza a nacer o incrible, o que moitos non fomos quén de imaxinar e que eles son capaces de levar a realidade.

Esta é unha historia do “pode ser”, podemos aproveitar a naturalidade dos nenos para dicir que a diversidade é un feito que sempre caracterizou a nosa historia, sempre estiveron aí as persoas dispostas a vivir de acordo co seu propio criterio sen reparar nas consecuencias sociais. Isto é o que fai María cando decide dedicar os recreos ao seu amigo en cadeira de rodas, inventando xogos e razóns para estar con el e para vivir xuntos a etapa das ilusións. A historia transcorre nun orfanato onde, en circunstancias difíciles, o amor e os soños atopan pequenas fendas para encher de luz a realidade. Unha realidade que María debuxa e imaxina ata voar sen lei nin límites. A imaxinación de María consigue ser a ledicia do seu compañeiro.

Unha historia de normalización que nos amosa, unha vez máis, que son as emocións e os sentimentos os que nos fan plenamente humanos porque non hai límites para quen ama e non hai discapacidade que resista a forza do amor. Por iso María é capaz de darlle forma á ledicia soamente cunha corda.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES