Honra sen barcos
Xiz, Xulio - lunes, 03 de marzo de 2014
Houbo un político chamado Demetrio Madrid que se viu envolto nun escándalo de corrupción, e dimiteu do seu posto para non involucrar á institución que representaba. Moito tempo despois a Xustiza é lenta- demostrouse que era inocente.
Perdeu o seu posto, rematou a súa carreira política. Pero pasou á historia como un inocente que se veu envolto nun proceso político e puxo por diante o pundonor antes que a permanencia no cargo. Como aquel mariño galego, Casto Méndez Núñez, que antes de emprender unha acción prácticamente imposible, proclamou máis vale honra sen barcos que barcos sen honra.
Non digo que na Galicia de hoxe houbese que facer algo así, porque os nosos concellos máis importantes quedarían desmantelados, pero é descorazonador que estea en cuestión legal, non política; ou legal e política- o xeito de facer determinadas adxudicacións nos concellos de A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago... e agora, Vigo e a Deputación de Pontevedra, máis outros varios de non tanta relevancia ou poboación.
Se eu fose un dos altos cargos mencionados nos sumarios abertos e xa públicos, non sei o que faría, que ninguén que non sexa especialista pode analisar desde fóra un tema tan complexo, con tantas ramificacións, con tantos implicados, con tanto lixo, tanta baixeza, tanto desprecio polo patrimonio común e polas institucións coas que temos unha relación directa, case filial.
Se fose Fiscal Superior de Galicia ao mellor me estaba xogando o posto ao declarar a la Voz de Galicia que en política non é aceptable agardar a que haxa condena e que as institucións padecen porque teñen a un gobernante que está baixo sospeita ante a cidadanía, sinalando que ao mellor o gobernante é responsable por nomear a unha persoa que non era competente e elixiu mal.
Pero eu son público. Opinante, pero público. E só agardo que esto se solucione como proclamaba Goliat, de El Capitán Trueno dos contos (aínda non se chamaban comics) da miña nenez: Despacio, pero pronto y bien.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora