Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fame

lunes, 03 de marzo de 2014
Patricio Sigüenza tiña a lingua rota de tanto morder silencio. Ai, non; iso facíao Víctor Manuel. Perdón. É igual; Patricio Sigüenza tiña a perna esquerda rota de tanto choutar nos valados dos veciños que tiñan as leiras cheas de árbores froiteiras.

O pobre home era tan pobre que non tiña nin para mercar unha boroa. Tiña que roubar as froitas dos veciños. Porque el nin tan sequera tiña fincas. Quería berrar por culpa da fame, pero dáballe vergoña e tiña medo a morder a lingua.

Así é que quedaba en silencio e deixaba que fose Víctor Manuel o que rachase a lingua. Agora, Patricio Sigüenza estaba quietiño porque tiña a pata rota e optaba por remoer cachos de escaiola. Tamén remoía a rabia. Tiña fame. Ás veces choraba en silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES