Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escraches

viernes, 28 de febrero de 2014
A estas alturas, todos coñecemos o que é un escrache, que se ao principio non nos soaba esa palabra de orixe sudamericana agora xa sabemos que é unha manifestación ou algarada diante do domicilio particular dun responsable político.

Eu coido que bastante teñen os políticos coa súa faceta pública para que ademais sexan agredivos verbalmente no seu mundo privado, véndose afectados os membros da súa familia, que non teñen nada que ver coa vertente pública do político.

O pasado abril armáronlle un escrache á vicepresidnta Saenz de Santamaría diante da súa casa, e agora a Audiencia provincial de Madrid ven de decidir que este feito é como “un mecanismo ordinario de participación democrática da sociedade civil e expresión do pluralismo dos cidadáns”, entendendo que é un “medio de denuncia ou protesta polas decisións tomadas ou que se van tomar polas autoridades políticas ou económicas”.

Coida a Audiencia que non hai delito, que é simplemente o exercizo da liberdade de expresión, que non se aprecian ameazas, que non houbo polos manifestantes actos ou expresións que puidesen ser indicativas de causar perxuicio nin coaccionar, e polo tanto nada indica que o perseguido polos manifestantes fose quebrantar a vontade política dos afectados; que non hai delito de desordes públicos nin de manifestación ilegal.

Fan ben os xuices en indicar que esto non ten problema se vai contra as “autoridades políticas ou económicas”, porque habería que ver que opinaban se tamén se efectúa unha manifestación así contra unha autoridade xudicial por unha sentencia que non sexa do gusto dos afectados.

Pode que legalmente non haxa por onde atacar aos que provocan un escrache, pero é tremendamente inxusto involucrar á familia dunha autoridade nos problemas desta, e a decisión tomada pode provocar unha oleada de actos que non constituirán desorde nin manifestación ilegal, pero veñen ser unha tremenda inxustiza por afectar aos que ningunha culpa teñen, e atacan a persoas nunha área privada á que todos temos perfecto dereito.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES